Arapahoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arapahoe
Flag of Arapaho Nation.svg
Bandeira da nación Arapahoe recoñecida oficialmente
Scabby Bull, Arapaho 1806.gif
Poboación total

5,000

Rexións con poboación significativa
Estados Unidos (Colorado, Oklahoma, Wyoming)
Linguas
Inglés, arapahoe
Relixións
Cristianismo, outras
Campamento arapahoe

Os "Xente-do-Vaca" coñecidos tamén como Arapahoe, son unha tribo de indios nos estados de Colorado e Wyoming (Estados Unidos).

Eran estreitos aliados dos cheién e aliados dos sioux. A lingua arapahoe é unha das linguas algonquinas moi próxima ó Gros Ventre, con quen os Arapahoes compartiran unha longa afiliciación cultural. A lingua cheién e a lingua dos Pés Negros eran as outras linguas algonquinas das Grandes Pradeiras pero eran bastante diferentes do arapahoe. Cara a 1850 as bandas Arapahoe separaronse en duas tribos: os Arapahoe do Norde e os do Sur. Os Arapahoe do Norde levan vivindo dende 1878 na Reserva de Wind River, Wyoming, a tercera maior reserva dos Estados Unidos. A tribo dos Arapahoe do Sur vive xunto ós cheién en Oklahoma.

O seu nome ven do pawnee tirapihu ("comerciantes"), ou ben do crow alappahó ("xente con moitos tatuaxes", polo costume que tiñan de gravar círculos cerimoniais na cara). Eles chamabanse a si mesmos inu-na ina ("o noso pobo"). O idioma dividese en tres dialectos ou divisións: o basanwūnema, o atsina ou gros ventre, que se converteu nunha tribo independente, e o na’’wathinahana.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: