Arantxa Urretabizkaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arantxa Urretabizkaia.

Arantxa Urretabizkaia, nada en Egia (Donostia) o 1 de xullo de 1947 é unha escritora vasca en lingua éuscara. Traballou tamén na prensa, na radio e na televisión. É académica da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na esquina da rúa Egia coa da da Virxe do Carme, en Egia. Desde nova compaxinou traballo cos estudos na Universidade de Barcelona,[1] estando sempre ligada a ambientes culturais como o grupo Argia ou a editorial LUR.

En 1970 traduciu a obra de Frantz Fanon Afrika iraultzaren alde en colaboración con Ibon Sarasola e publicou Mendebaleko Ekonomiaren Historia con Sarasola e Ramón Saizarbitoria. En 1971 traduciu a M. Dobb en Sozialismoaren frogantzak e en 1973 a obra de A. Otazu Euskal Berdintasuna. Autora de San Pedro bezperaren ondoak en 1972 e de Zergatik Pampox? en 1979; esta última novela converteuna primeira figura da narrativa vasca da postguerra. En 1981 gañou o X concurso de contos Premio Ignacio Aldecoa da Deputación alavesa con "Baina ez egunero". Logo escribiría Maitasunaren magalean (poemas) (Premio Nacional da Crítica 1982, Aspaldian espero zaitudalako ez nago Sekula Bakarrik 1983, Saturn (1987, Aurten aldatuko da nire bizitza 1991 e Koaderno gorria 1998.

Como poeta editou os seus primeiros traballos en Euskal Literatura, en 1972, estando incluída na antoloxía Poetas Vascos, publicada en 1990, de Julia Otxoa.

Foi guionista canda outros das películas La conquista de Albania, de Alfonso Ungría (1983), a adaptación da súa obra Zergatik Panpox?, dirixida por Xabier Elorriaga en 1986 e de Lauaxeta-A los cuatro vientos (J. A. Zorrilla, 1987). Tamén actuou na película de La fuga de Segovia en 1981.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • Aspaldian espero zaitudalako ez nago sekula bakarrik (1983, Erein)
  • Aurten aldatuko da nire bizitza (1992, Erein)

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Zergatik panpox? (1979, Hordago)
  • Saturn (1987, Erein)
  • Koaderno gorria (1998, Erein)
  • 3 Mariak (2010, Erein)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Maitasunaren magalean (1982, GAK)
  • XX. mendeko poesia kaierak - Arantxa Urretabizkaia (2000, Susa)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]