Arancino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aranchini tradicionais
Aranchini da zona de Mesina

Arancino ou arancina (arancini en plural) é unha especialidade de cociña siciliana. Trátase dunha bola de arroz fritida, cun diámetro entre 8 e 10 cm, recheo de carne picada (ragù en italiano), queixo mozzarella ou chícharos.

O seu nome deriva da palabra italiana arancia, que significa laranxa, debido a semellanza con esta froita.

Na parte oriental de illa poden presentar forma cónica.

Historia [editar]

O arancino seica foi importado polos árabes[Cómpre referencia], habitaban na rexión e comían arroz e azafrán con carne e herbas. O empenado foi introducido na corte de Federico II, como forma de conservar durante mais tempo o alimento e facía mais doado poder transportar o alimento nas viaxes.

En Palermo, celebrase anualmente o día de Santa Lucia, o 13 de decembro, sendo tradicional o consumo de arancini con varios recheos e formas.

Preparación [editar]

Cócese o arroz e mesturase con manteiga e queixo pecorino, debendo a continuación ser arrefriar nunha táboa de mármore. Despois, son moldeados coa forma desexada, poñéndose no medio unha porción do recheo desexado, colocándose no medio unha porción do recheo. Por fin, son pasados por ovo e pan relado, quedando así preparado para fritir.

En Palermo, é común utilizar azafrán para darlle unha tonalidade dourada ó arroz.