Arabia Saudí - العربية السعودية
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||||
| Lema nacional: لا إله إلا الله محمد رسول الله Non hai más deus que Alá e Mahoma é o seu profeta |
||||||
| Himno nacional: Aash Al Maleek | ||||||
| Capital • Poboación |
Riad 4.260.000 hab. (2005) |
|||||
| Cidade máis poboada | Riad | |||||
| Lingua oficial | Árabe | |||||
| Forma de goberno | Monarquía absoluta / teocracia | |||||
| Abdullah bin Abdulaziz al-Saud Sultan bin Abdul Aziz Al Saud |
||||||
| Independencia - Declarada - recoñecida - Reunificación |
do Reino Unido 8 de xaneiro de 1926 20 de maio de 1927 23 de setembro de 1932 |
|||||
| Superficie • Total • % auga Fronteiras Costas |
Posto 15º 1.960.582 km2 insignificante n/d km 2.640 km |
|||||
| Poboación • Total • Densidade |
Posto 43º 26.417.599 12 hab/km2 |
|||||
| PIB (nominal) • Total (2006) • PIB per cápita |
Posto 23º US$ 348.604 millóns US$ 14.715 (20069 |
|||||
| PIB (PPA) • Total (2006) • PIB per cápita |
Posto 27º US$ 396.673 millóns US$ 16.744 (2006) |
|||||
| Moeda | Riyal saudí SAR) |
|||||
| Xentilicio | Saudí | |||||
| Fuso horario • en verán |
UTC + 3 non aplica |
|||||
| Dominio Internet | .sa |
|||||
| Prefixo telefónico | +966 |
|||||
| Prefixo radiofónico | 8ZA-8ZZ / 7ZA-7ZZ / HZA-HZZ |
|||||
| Código ISO | 682 / SAU / SA | |||||
| Membro de: ONU, OPEP, Liga Árabe | ||||||
| Tódolos países do mundo | ||||||
En galego: Arabia Saudí ou Arabia Saudita, en árabe: سعودية, en inglés: Saudi Arabia, en alemán: Saudi-Arabien, en xaponés: サウジアラビア, en esloveno: Saudova Arabija
O Reino de Arabia Saudí é un país situado na Península de Arabia. Fai fronteira con Iraq, Xordania, Quvait, Omán, Qatar, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.
Índice |
[editar] Historia
O estado saudita naceu na Arabia central sobre o 1750. Un líder local, Muhammad bin Saud, uniuse ó reformista islámico Muhammad ibn Abd Al-Wahhab, para crear unha nova entidade política. Durante os seguintes 150 anos, os sauditas loitaron con Exipto, o Imperio Otomano, e outras familias árabes polo control da península. O estado saudita moderno fundouno o rei Abdul Aziz Al-Saud (tamén coñecido coma Abdul Aziz Ibn Saud).
No 1902 Abdul Aziz Al-Saud conquistou Riyadh, a ancestral capital da dinastía Al-Saud, que estaba en poder da familia rival Al-Rashid. Continuando coas súas conquistas, Abdul Aziz someteu Al-Ahsa, Nejd e Hijaz entre 1913 e 1926. O 8 de xaneiro de 1926 Abdul Aziz Al-Saud converteuse no rei de Hijaz. O 29 de xaneiro de 1927 conseguiu o título de Rei de Nejd (anteriormente fora Sultán). Polo Tratado de Jedda, firmado o 20 de maio de 1927, o Reino Unido recoñeceu a independencia do reino de Abdul Aziz (por entón chamado Reino de Hijaz e Nejd). No 1932, esas rexións unificáronse tomando o nome de Reino de Arabia Saudita.
O achado de petróleo o 3 de marzo de 1938 transformou economicamente ó pais. Actualmente Arabia Saudí goza dunha cordial relación coa maioría dos paises occidentais.
[editar] Política
A institución principal do goberno de Arabia Saudita é a monarquía. A Lei Básica adoptada no 1992 declara que Arabia Saudí é unha monarquía dirixida polos descendentes do Rei Abdul Aziz Al-Saud, e que o Corán é a constitución do país, que se rexe no legal pola Shari'a. A formación de partidos políticos está prohibida e non se celebran eleccións estatais.
Os poderes do rei están limitados pola Shari'a e outras tradicións sauditas. Tamén debe procurar o consenso da familia real saudita, os líderes relixiosos (ulema) e outras persoas importantes da sociedade saudita. A ideoloxía do estado é o Wahhabismo. Esta seita do Islam tenta expanderse financiando a construción de mesquitas e escolas do Qur'an por todo o mundo. A familia real elixe ó rei de entre os seus membros e sempre coa aprobación dos ulema.
Debido á enfermidade do rei Fahd bin Abdul Al-Aziz a dirección do país recaeu nas mans do seu irmán máis novo, o príncipe herdeiro Abdullah bin Abdulaziz Al Saud que actuou coma rexente ata a morte deste o 1 de agosto do 2005.
[editar] División Administrativa
Arabia Saudí está divida en 13 provincias (mintaqat).
- Provincia de Al-Bahah
- Provincia de Al-Hudud ash Shamaliyah
- Provincia de Al-Jawf
- Provincia de Al-Madinah
- Provincia de Al-Qasim
- Provincia de Ar Riyad
- Provincia de Ash Sharqiyah
- Provincia de 'Asir
- Provincia de Ha'il
- Provincia de Jizan
- Provincia de Makkah
- Provincia de Najran
- Provincia de Tabuk
[editar] Economía
Véxase o artigo Economía da Arabia Saudí.
[editar] Ligazóns externas
- Informe do Departamento de Estado dos EEUU: casamento cos Sauditas (en inglés)
- Informe do Departamento de Estado dos EEUU: Arabia Saudi, Rapto internacional de nenos (en inglés)
- Visita Virtual a Arabia Saudí (en inglés)
- Arabia Saudí Informe (en inglés)
- Amir Butler: Deixade o cambio na Arabia Saudita en mans dos Sauditas (en inglés)
[editar] Mapas e imaxes
| Países do mundo | Asia |
| Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
| Países con parte do seu territorio en Asia |


