Arabia Saudí - العربية السعودية
Arabia Saudí (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudí (en árabe: جمهورية مصر العربية, al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. Fai fronteira con Iraq, Xordania, Quvait, Omán, Qatar, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.
Índice |
[editar] Historia
O estado saudita naceu na Arabia central sobre o 1750. Un líder local, Muhammad bin Saud, uniuse ó reformista islámico Muhammad ibn Abd Al-Wahhab, para crear unha nova entidade política. Durante os seguintes 150 anos, os sauditas loitaron con Exipto, o Imperio Otomán, e outras familias árabes polo control da península. O estado saudita moderno fundouno o rei Abdul Aziz Al-Saud (tamén coñecido coma Abdul Aziz Ibn Saud).
No 1902 Abdul Aziz Al-Saud conquistou Riyadh, a ancestral capital da dinastía Al-Saud, que estaba en poder da familia rival Al-Rashid. Continuando coas súas conquistas, Abdul Aziz someteu Al-Ahsa, Nejd e Hijaz entre 1913 e 1926. O 8 de xaneiro de 1926 Abdul Aziz Al-Saud converteuse no rei de Hijaz. O 29 de xaneiro de 1927 conseguiu o título de Rei de Nejd (anteriormente fora Sultán). Polo Tratado de Jedda, firmado o 20 de maio de 1927, o Reino Unido recoñeceu a independencia do reino de Abdul Aziz (por entón chamado Reino de Hijaz e Nejd). No 1932, esas rexións unificáronse tomando o nome de Reino de Arabia Saudita.
O achado de petróleo o 3 de marzo de 1938 transformou economicamente ó pais. Actualmente Arabia Saudí goza dunha cordial relación coa maioría dos paises occidentais.
[editar] Política
A institución principal do goberno de Arabia Saudita é a monarquía. A Lei Básica adoptada no 1992 declara que Arabia Saudí é unha monarquía dirixida polos descendentes do Rei Abdul Aziz Al-Saud, e que o Corán é a constitución do país, que se rexe no legal pola Shari'a. A formación de partidos políticos está prohibida e non se celebran eleccións estatais.
Os poderes do rei están limitados pola Shari'a e outras tradicións sauditas. Tamén debe procurar o consenso da familia real saudita, os líderes relixiosos (ulema) e outras persoas importantes da sociedade saudita. A ideoloxía do estado é o Wahhabismo. Esta seita do Islam tenta expanderse financiando a construción de mesquitas e escolas do Qur'an por todo o mundo. A familia real elixe ó rei de entre os seus membros e sempre coa aprobación dos ulema.
Debido á enfermidade do rei Fahd bin Abdul Al-Aziz a dirección do país recaeu nas mans do seu irmán máis novo, o príncipe herdeiro Abdullah bin Abdulaziz Al Saud que actuou coma rexente ata a morte deste o 1 de agosto do 2005.
[editar] División Administrativa
Arabia Saudí está divida en 13 provincias (mintaqat).
- Provincia de Al-Bahah
- Provincia de Al-Hudud ash Shamaliyah
- Provincia de Al-Jawf
- Provincia de Al-Madinah
- Provincia de Al-Qasim
- Provincia de Ar Riyad
- Provincia de Ash Sharqiyah
- Provincia de 'Asir
- Provincia de Ha'il
- Provincia de Jizan
- Provincia de Makkah
- Provincia de Najran
- Provincia de Tabuk
[editar] Economía
Véxase o artigo Economía da Arabia Saudí.
[editar] Ligazóns externas
- Informe do Departamento de Estado dos EEUU: casamento cos Sauditas (en inglés)
- Informe do Departamento de Estado dos EEUU: Arabia Saudi, Rapto internacional de nenos (en inglés)
- Visita Virtual a Arabia Saudí (en inglés)
- Arabia Saudí Informe (en inglés)
- Amir Butler: Deixade o cambio na Arabia Saudita en mans dos Sauditas (en inglés)
[editar] Mapas e imaxes
|
||||||||
