Aquila Italiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aquila Italiana

Editar o valor em Wikidata
Fundación1906
LocalizaciónTorino, Italia
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbiles
editar datos en Wikidata ]
Aquila Italiana 25/30 HP (1912).

A Aquila Italiana fundada como a "Società Anonima Aquila", e rapidamente rebautizada como "Società Anonima Italiana Aquila" foi un fabricante italiano de automóbiles desde 1906 ata 1917. A compañía foi renomeada de novo en 1909 despois de que fose rescatada polo banco como "Aquila Anonima Italiana di L. Marsaglia", a parte Marsaglia viño do nome do fillo de Marsaglia propietario do banco Vincenzo, talentoso piloto de automóbiles.

Deseñado por Giulio Cesar Cappa, os coches eran modelos de catro cilindros e seis cilindros con motores OIE de tipo avanzado. Houbo unha interrupción na babricación a partir de 1908, pero a compañía presentou novos modelos en 1911, os cales montaban motores de 4.192 cc de seis cilindros que demostraron ser exitosos en moitas carreiras. Entre os condutores Aquila Italiana destacaron Meo Constantini (máis tarde uniuse a Bugatti en Molsheim, onde se converteu no primeiro piloto de carreiras e máis tarde, en Xefe de Equipo) e Carlo Masetti (irmán máis vello de Giulio Masetti).

Historia[editar | editar a fonte]

Cesar Cappa era un enxeñeiro novo que tiña un pequeno taller en Turín dedicado á fabricación de pistóns de aluminio e de válvulas de motores sobrealimentados. En 1905 entra en contacto con Giulio Pallavicino, de nobre familia xenovesa, representante da marca Brown en Italia, e deciden crear unha sociedade, a "Societá Anónima Aquila Italiana" (italiana para diferenciala da casa alemá Adler (aguia en alemán).

Os primeiros proxectos foron dous automóbiles de catro cilindros (o H35/50 de 3.921 cc que alcanzaba os 130 km/h) e un terceiro modelo de seis do cal fabricáronse unhas poucas unidades, xa que a inesperada morte de Pallavicino produciu serias dificultades económicas a Cappa, detendo a produción en 1908.

En 1909 a sociedade, que arrastraba abundantes débedas, foi salvada por Vincenzo Marsaglia, un mozo amante do automobilismo e piloto afeccionado cuxo pai, Luigi Marsaglia, era o dono da Banca F.lli Marsaglia de Turín, cambiando o seu nome a "Aquila Italiana di L. Marsaglia". O banco fíxose cargo dos pagos da compañía e isto permitiu que Cappa deseñase un novo modelo que puido fabricarse con certa regularidade. Tratábase dun elegante e innovador automóbil de carreiras de 6 cilindros e 4.192cc, derivado do modelo H35/50, con pistóns de aluminio, válvulas de sobrealimentación, e moitas outras técnicas novas que o convertían nun excelente automóbil deportivo.

Aquila Italiana conseguiu o seu maior éxito da man do propio Vincenzo Marsaglia, quen na IX Targa Florio de 1913 chegou á meta en 2º lugar. O piloto máis destacado que utilizou coches da marca foi Meo Constantini, que participou na Targa Florio, no Tour de Francia e noutras carreiras en 1914, con algúns bos resultados.

O estalido da guerra pon en dificultades á compañía, que debe dedicarse á produción de material militar. Con todo, o enxeñeiro xefe e alma da firma, Cesar Cappa, abandona en 1914 a fabríca para incorporarse á Fiat. Vincenzo Marsaglia continúa un ano máis ata que falece nun accidente de avión, cando probaba un prototipo de aeroplano que quería fabricar. A banca decide vender a compañía que é absorbida ese mesmo ano pola SPA.

Produción[editar | editar a fonte]

A compañía Aquila Italiana produciron un total de aproximadamente 1.500 exemplares dos seus coches, todos os modelos combinados.

Especificacións Tecnicas
Coches producidos por "Aquila Anonima Italiana di L. Marsaglia"
Tipo 15/20 HP 40/50 HP 25/30 HP K-12/15 HP H4-20/30 HP H6-35/50
Cilindrada cc 2797 7432 3921 1847 2614 3921
Cilindros 4 4 6 4 4 6
Diámetro mm 90 130 80 70 80 80
Carreira mm 110 140 130 120 130 130
rpm 1500 1200 3600 2000 1800 1800
Válvulas Lateral Lateral Mestura Na parte superior Na parte superior Na parte superior
Encendido magneto magneto magneto magneto magneto magneto
Marcha 4+ RM 4+ RM 4+ RM 4+ RM 4+ RM 4 + RM
Transmisión cardan cardan cardan cardan cardan cardan
Distacia entre eixes mm 2500 2900 3055 2600 2850 3050
Track mm 1250 1400 1445 1300 1440 1440
Produción 1909-11 1909-11 1909-12 1913-17 1912-17 1913-17


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]