Acuíficas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aquificae")
Acuíficas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Aquificae
Clase: Aquificae Reysenbach 2002
Orde: Aquificales Reysenbach 2002
Familias

As acuíficas ou Aquificae son un filo de bacterias, que comprende un conxunto diverso de bacterias que viven en ambientes con condicións extremas. [1][2] Atopáronse en fontes termais, pozas sulfurosas, e chemineas hidrotermais oceánicas. Membros do xénero Aquifex, por exemplo, prosperan en augas que están entre 85 e 95 °C. Son os membros dominantes na maioría das fontes termais terrestres neutras ou alcalinas por riba dos 60 graos Celsius. Son autótrofas, e son os principais fixadores de carbono nos ambientes onde viven.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Actualmente non hai un consenso sobre a taxonomía dos xéneros incluídos en Aquificae. Un texto estándar inclúe só os xéneros Aquifex, Calderobacterium, Hydrogenobacter, e Thermocrinis na orde Aquificales. [3] Outras fontes consideran que, ademais dos xéneros incluídos nas familias Aquificaceae e Hydrogenothermaceae, hai outros xéneros que son incertae sedis (non clasificados), pero están situados dentro de Aquificae; ditos xéneros son: Balnearium, Desulfurobacterium, EX-H1 group, e Thermovibrio.

Cavalier-Smith postulou que Aquificae forma parte das Proteobacteria. [4]

Xunto coas Thermotogae, varias especies de Aquificae son eubacterias termófilas, e algúns estudos moleculares consideran que son grupo próximos. [2]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

O cladograma representa a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e nos datos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [6] e a filoxenia está baseada en datos das secuencias dos ARNr de 16 S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project. [7] [8]



Thermosulfidibacter takaii Nunoura et al. 2008



  Desulfurobacteriaceae

?Phorcysium thermohydrogeniphilumVetriani 2011



?Desulfurobacterium crinifexAlain et al. 2003



Desulfurobacterium thermolithotrophum L'Haridon et al. 1998





Desulfurobacterium atlanticum L'Haridon et al. 2006



Desulfurobacterium pacificum L'Haridon et al. 2006





Thermovibrio ruber Huber et al. 2002




Balnearium lithotrophicum Takai et al. 2003




Thermovibrio ammonificans Vetriani et al. 2004



Thermovibrio guaymasensis L'Haridon et al. 2006








  Hydrogenothermaceae
  Persephonella

P. guaymasensis Götz et al. 2002




P. hydrogeniphila Nakagawa et al. 2003



P. marina Götz et al. 2002






Venenivibrio stagnispumantis Hetzer et al. 2008




Hydrogenothermus marinus Stöhr et al. 2001


  Sulfurihydrogenibium

S. yellowstonense Nakagawa et al. 2005




S. azorense Aguiar et al. 2004 emend. Nakagawa et al. 2005




S. subterraneum Takai et al. 2003 emend. Nakagawa et al. 2005




S. kristjanssonii Flores et al. 2008



S. rodmanii O'Neill et al. 2008









  Aquificaceae

Hydrogenobaculum acidophilum (Shima and Suzuki 1993) Stöhr et al. 2001




Thermocrinis minervae Huber et al. 1999



  Hydrogenobacter

H. hydrogenophilus (Kryukov et al. 1984) Stöhr et al. 2001



H. thermophilus Kawasumi et al. 1984






Hydrogenobacter subterraneus Takai et al. 2001



?Thermothrix azorensis Odintsova EV et al. (1996)





Thermocrinis ruber Huber et al. 1999




Thermocrinis albus Eder e Huber 2002



  Aquifex

A. aeolicusHuber e Stetter 2001



A. pyrophilus Huber e Stetter 1992



  Hydrogenivirga

H. calditorris Nakagawa et al. 2004



H. okinawensis Nunoura et al. 2008













Nota:
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non na LPSN.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Griffiths E, Gupta RS (January 2006). "Molecular signatures in protein sequences that are characteristics of the phylum Aquificae". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 56 (Pt 1): 99–107. DOI:10.1099/ijs.0.63927-0. PMID 16403873. http://ijs.sgmjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16403873. 
  2. 2,0 2,1 Horiike T, Miyata D, Hamada K, et al. (January 2009). "Phylogenetic construction of 17 bacterial phyla by new method and carefully selected orthologs". Gene 429 (1–2): 59–64. DOI:10.1016/j.gene.2008.10.006. PMC 2648810. PMID 19000750. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0378-1119(08)00524-6. 
  3. Griffiths E, Gupta RS (March 2004). "Signature sequences in diverse proteins provide evidence for the late divergence of the Order Aquificales". Int. Microbiol. 7 (1): 41–52. PMID 15179606. http://www.im.microbios.org/25march04/07%20Griffiths.pdf. 
  4. Catalogue of Organisms: Standing the Heat
  5. J.P. Euzéby. "Aquificae". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Aquificae. Consultado o 5 xullo 2012. 
  6. Sayers et al.. "Aquificae". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Undef&id=200783&lvl=6&lin. Consultado o 5 xullo 2012. 
  7. All-Species Living Tree Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 5 xullo 2012. 
  8. "Bergey's Taxonomic Outlines: Volume 4 - Draft Taxonomic Outline of the Bacteroidetes, Planctomycetes, Chlamydiae, Spirochaetes, Fibrobacteres, Fusobacteria, Acidobacteria, Verrucomicrobia, Dictyoglomi, and Gemmatimonadetes". Bergey's Manual Trust: 15. 2008. http://bergeys.org/outlines/Bergeys_Vol_4_Outline.pdf.