Aqua
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Véxase tamén: Aqua (satélite).
Aqua é un grupo dinamarqués-noruegués de música pop e dance, que abandeirou o éxito do dance europeo dos anos noventa en todo o mundo, e fixeron das súas cancións iconas desa época. Coa excepción dos artistas ingleses, Aqua son o grupo de pop/dance europeo de máis éxito e repercusión mundial. O grupo disolveuse en 2001, mais en 2009 reuníronse para desenvolver nova música que celebrase os éxitos do pasado e recuperase parte dos seus fans. En 2011 consolidan o seu regreso, cun novo álbum que adapta o seu son característico á música actual.
Un dos seus éxitos máis sonados foi "Barbie Girl".
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en inglés)