Apse (grupo musical)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Apse | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Newtown, Connecticut, |
| Período | 1999 - 2011 |
| Xénero(s) | ambient, avant-garde, experimental, post-rock |
| Selo(s) discográfico(s) | ATP Recordings, Acuarela Discos |
| Membros | Robert Toher John Mordecai Austin Stawiarz Brandon Collins |
| Antigos membros | Aaron Piccirillo Michael Gundlach Jed Armour Ryan Todd Matthew Wick Albert Gray Ezer Lichtenstein |
| Web oficial | http://www.apsemusic.net/ |
Apse foi unha banda estadounidense procedente de Newtown, Connecticut. O grupo moveuse a través de diferentes estilos musicais dende a súa creación, unindo influencias shoegaze, heavy metal, rock gótico, post-punk, rock progresivo, industrial e post-rock; mentres que ao mesmo tempo traballaba en atmósferas tribais, experimentais, ambientais e etereas. Os seus temas líricos máis comúns falaban de espiritualidade, relacións cos outros (humanas, pero tamén paranormais e divinas), paranoia, poder e control.
[editar] Discografía
[editar] Albums
- Spirit - 2006 (Acuarela Discos)
- Eras - 2009 (Equation Records)
- Climb Up - 2009 (ATP Recordings)
[editar] EPs
- Untitled - 2001 autoeditado
- Cloud - 2002 autoeditado
- Three Dialogues - 2003 autoeditado
- Apse - 2005 (Acuarela Discos)