Applications Technology Satellite 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Applications Technology Satellite 1
Applications Technology Satellite 1 (ATS 1).jpg
ATS-1
Tipo Demostrador tecnolóxico
Organización NASA
Data de lanzamento 7 de decembro de 1966[1][2]
Foguete portador Atlas[2][3]
Sitio de lanzamento Centro Espacial Kennedy[2]
Obxectivo da misión Demostración de novas tecnoloxías no espazo.[2]
NSSDC ID 1966-110A
Masa 352 kg[2][3]
Semieixo maior 42.142,4 km[1]
Inclinación 6,6 graos[1]
Apoapse 36.793,0 km[1]
Periapse 35.749,9 km[1]

Applications Technology Satellite 1 ou ATS 1 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 7 de decembro de 1966 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

ATS-1 probou diferentes tecnoloxías:[2]

  • probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización.
  • tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través de outro satélite.
  • proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial.
  • probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña unha estrutura de aluminio recuberta de células solares que producían 180 vatios de potencia. Usaba baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 12 amperios-hora, un sistema de mantemento da posición que usaba hidracina, dous sensores solares e dous acelerómetros. A carga útil incluía detectores de ións, espectrómetros, unha cámara, un experimento de comunicacións en banda C (usado para emisións internacionais de televisión) e un sistema de comunicacións mediante VHF.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ATS 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2608. Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "ATS 1" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1966-110A. Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "ATS 1, 3" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ats-1.htm. Consultado o 19 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]