Aporofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barrio de chabolas en Soweto, Suráfrica.

A aporofobia (do grego άπορος (á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, (-fobos), medo) é unha fobia que representa o medo á pobreza ou aos pobres.[1] Aínda que tamén pode interpretarse como a repugnancia ou hostilidade ante o pobre, o sen recursos ou o desamparado.[2]

Características[editar | editar a fonte]

O neoloxismo foi acuñado pola filósofa Adela Cortina[3] nunha serie de publicacións nos anos 90 para poder diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro, e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos.[4]

A diferenza clave entre aporofobia e xenofobia ou racismo segundo algúns autores, está no feito de que hai sociedades que non lles importa aceptar a inmigrantes ou a membros doutras etnias a condición de que estas conten con bos recursos económicos, fama ou outros bens.[4]

Con todo, a aporofobia e xenofobia están relacionadas no feito de que moitas veces, a inmigración prodúcese desde países pouco desenvolvidos economicamente cara a países desenvolvidos, onde ademais das diferenzas culturais, os inmigrantes pobres son vistos como un problema de seguridade e asóciaselles comunmente con actos criminais e outros problemas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aporofobia.
  2. El Imán pide a la RAE que acepte el término aporofobia. La Voz de Galicia. 31/8/2008.
  3. "Aporofobia". Portal das Palabras. 1 de xuño de 2018. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Martínez Navarro, Emilio. Aporofobia: glosario para una sociedad intercultural. Valencia, Bancaja, 2002, pp. 17-23.
  5. Cabrales, María Cristina La aporofobia darle nombre a los hechos. Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Aurora Boreal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]