Apollo 17
Apollo 17 |
|||||
| Insignia da misión | |||||
| Datos da misión | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Misión: | Apollo 17 | ||||
| Nome dos módulos: | Módulo de mando: America Módulo lunar: Challenger |
||||
| Rampa de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A |
||||
| Despegue: | 7 de decembro de 1972 05:33:00 UTC |
||||
| Alunaxe: | 11 de decembro de 1972 19:54:57 UTC 20° 11' 26.88" N 30° 46' 18.05" E Taurus-Littrow |
||||
| Tempo AEV lunar: | 1º: 7 h 11 min 53 s 2º: 7 h 36 min 56 s 3º: 7 h 15 min 8 s Total: 22 h 3 min 57 s Paseo en CM: 1 h 5 min 44 s |
||||
| Tempo na superficie da Lúa: | 74 h 59 min 40 s | ||||
| Cantidade de mostras: | 110.52 kg (243.65 lb) | ||||
| Amaraxe: | 19 de decembro de 1972 19:24:59 UTC 17°53′S 166°7′W / 17.883°S 166.117°W |
||||
| Duración: | 12 días 13 h 51 min 59 s | ||||
| Número de órbitas lunares: | 75 | ||||
| Tempo en órbitas lunares: | 147 h 43 min 37.11 s | ||||
| Masa: | CSM 30.369 kg; LM 16.456 kg |
||||
| Foto da tripulación | |||||
E-D: Schmitt, Cernan (sentado) e Evans |
|||||
| Outras misións | |||||
|
|||||
O Apollo XVII foi enviado ó espazo o 7 de decembro de 1972 por un foguete Saturno V, desde a plataforma 39 A do complexo de Cabo Kennedy, en Florida (EEUU). Coñeceuse oficialmente como AS-512 e foi o encargado de enviar os últimos astronautas á Lúa.
A tripulación do Apollo XVII estaba composta polo comandante Eugene A. Cernan, o piloto do módulo lunar e xeólogo Dr. Harrison H. Schmitt, chamado Jack, e o piloto do módulo de mando Ronald E. Evans.
A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Challenger para o módulo lunar e America para o módulo de mando.
O comandante Gene Cernan foi o último ser humano que pisou a superficie da Lúa nos Montes Taurus, xunta o Cráter Littrow. O 19 de decembro a cápsula amarou en augas do Océano Pacífico, poñendo fin á misión.