Aplodactílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os aplodactílidos (Aplodactylidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes, da superfamilia Cirrhitoidea. Reciben o nome do grego haploos, simple, e daktylos, dedos.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Na aleta dorsal, única, presentan de 14 a 23 raios espiñosos e 16 a 21 raios brandos; na anal, 3 espiñas e 6 a 8 raios brandos. Posúen dentes mandibulares diferenciados: incisivos, lanceolados e tricúspides, e tamén dentes no vómer.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúense polas costas do Perú, Chile, Nova Zelandia e sueste de Australia.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente dividíanse en 2 xéneros, Aplodactylus e Crinodus, pero o segundo foi englobado no primeiro. Comprenden seis especies:

  • Aplodactylus arctidens, Richardson 1839
  • Aplodactylus etheridgii, Ogilby 1889
  • Aplodactylus guttatus, Guichenot 1848
  • Aplodactylus lophodon, Günther 1859 (antes Crinodus lophodon)
  • Aplodactylus punctatus, Valenciennes 1832
  • Aplodactylus westralis, Russell 1987

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]