Apio Claudio Caudex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaApio Claudio Caudex
Biografía
NacementoI milenio a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
264 a. C. – 264 a. C.
Xunto con: Marco Fúlvio Flaco (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoEarly Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaClaudii Crassi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
PaisGaius Claudius Crassus Inrelligensis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsApio Claudio Cego Editar o valor em Wikidata

Apio Claudio Caudex, foi un patricio romano membro dos Claudii. Era neto de Apio Claudios Caecus e fillo de Gaius Claudio Centho, e serviu como cónsul no 264 a.C.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano do seu consulado, conduciu a Roma a un conflito con Cartago sobre a posesión de Sicilia. No 265 a.C, Hierón II de Siracusa atacou Messana (actual Messina) nunha tentativa para capturala dos mamertíns, mercenarios de Campania que se fixeran con ela algúns anos antes. Os mamertíns aliáronse cunha frota cartaxinesa próxima e expulsaron os de Siracusa, mais ao non marchar os cartaxineses, o marmetíns apelaron a Roma no 264 a.C.

Algúns senadores eran contrarios a darlles axuda, pero Apio Claudio conseguiu persuadir os cidadáns para darlle axuda. Púxose á fronte dunha forza que se dirixiu a Messina, e ao chegar os marmetíns convenceran os cartaxineses para se retirar, ofrecendo tan só unha resistencia simbólica. Os marmetíns entón entregaron a cidade aos romanos pero os cartaxineses volveron e puxeron sitio á cidade. Mentres o exército de Siracusa tamén se situou  fóra da cidade. Claudio intentou enviarlles embaixadores tanto os cartaxineses como os siracusanos pero non logrou resposta polo que enviou as súas tropas fóra da cidade, derrotando os siracusanos en batalla mentres Hierón volvía a Siracusa. Ao día seguinte Claudio tamén derrotou os cartaxinenses. Tras estas vitorias Apio puxo asedio a Segesta mais logo de perder moitas tropas regresou a Messana.[2]

Esta disputa foi unha das causas inmediatas da Primeira guerra púnica

Notas[editar | editar a fonte]

  1. H. Lindsay, Suetonius: Tiberius London: Bristol Classical Press, 1995), 58
  2. Diodorus Siculus, Biblioteca Historica, 23.3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Quinto Fabio Máximo Gurges e
Lucio Mamilio Vítulo
 Cónsul da República Romana
xunto con Marco Fulvio Flaco
 
264 a.C
Sucesor:
Manio Valerio Máximo Mesala e
Manio Otacilio Craso