Apatito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apatito

O apatito é un mineral con cristais hexagonais e dureza 5 na escala de Mohs. A súa composición química aproximada é Ca5(PO4)3(F,Cl,OH). A cor é variábel aínda que predominan os cristais incoloros, de cor parda ou verdosa.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de apatito deriva do grego apate (equivocarse) xa que pode ser confundido facilmente con outros minerais como o berilo ou a turmalina.

Datos físicos[editar | editar a fonte]

  • Fórmula:Ca5(PO4)3(F,Cl,OH)
  • Densidade: 3,2 g/ml
  • Brillo: de vítreo a graxento
  • Opacidade: de transparente a completamente opaco
  • Cor de raia en placa de porcelana: branco
  • Índice refractario: no = 1,633 - 1,667; ne = 1,630 - 1,664
  • Solubilidade: soluble en ácido nítrico (HNO3)

.

Depósitos[editar | editar a fonte]

O apatito encóntrase en vetas hidrotermais, entre pegmatitas e calcarias metamórfica ademais de entre sedimentos onde se produce a partir de depósitos orgánicos. Un dos maiores depósitos atópase en Marrocos.

A presenza de apatito en Logrosán, Estremadura é coñecida dende vello. Conta a tradición que no Cercón de las Brujas celebrábanse aquelarres nos que se arroxaban ao lume uns pos brancos que emitían resplandores fluorescentes. Aparte desta lenda, o certo é que as mostras coas que Proust definiu por primeira vez o fluorapatito, en 1781, procedían deste lugar.

O esmalte dos dentes e unha parte dos ósos están formados por apatito.

Variedades[editar | editar a fonte]

  • Fluoro-apatito (Ca5(PO4)3F); é o principal mineral do esmalte dos dentes. Resiste mellor os ataques dos ácidos que o apatito normal. Por isto se lle engaden fluoruros ás pastas de dentes que poden intercambiar os grupos hidroxilo por flúor.
  • Hidroxi-apatito (Ca5(PO4)3OH); o principal mineral dos ósos. Pódese fabricar artificialmente segundo o proceso de Tiselius a partir de cloruro de calcio (CaCl2 e fosfato de disodio (Na2HPO4) e utilízase na separación cromatográfica das proteínas.

Usos[editar | editar a fonte]

O apatito é a principal fonte de fósforo e fosfato e polo tanto imprescindible na fabricación dos fertilizantes minerais.