Apagamento da Wikipedia en inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sue Gardner nunha reunión da Fundación Wikimedia discutindo o apagamento da Wikipedia en inglés a noite do 17 de xaneiro.
Unha das páxinas propostas para mostrar o día 18.
Outra versión da páxina proposta para mostrar o día 18.

O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A decisión foi tomada do día 16 de xaneiro de 2012 pola Fundación Wikimedia, que anunciou unha protesta contra a Stop Online Piracy Act (SOPA) e PROTECT IP Act (PIPA).[1]

A páxina tamén tivo o apoio doutras fundacións na internet.[2][3][4]

Outras versións da Wikipedia, incluso doutros proxectos da Wikimedia, entre eles a Wikimedia Commons, tamén se adheriron á protesta, coa colocación dun cartel de fondo negro.

O presidente da Motion Picture Association of America acusou de "abuso de poder" todos os sitios que participaron no apagamento.[Cómpre referencia]

Ao día seguinte do apagamento, o sitio web Zscaler analizou o tráfico do día e informou de que a pesar de que as páxinas non estaban dispoñibles o sitio web rexistrou un número considerable de accesos. A hipótese é que as persoas tentan acceder á Wikipedia por curiosidade, debido á gran difusión da campaña.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wikipedia blackout in anti-piracy law protest". Sky News. 17 de xaneiro de 2012. http://m.skynews.com/article/worldnews/16150438. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  2. Taylor, Jerome (17 de xaneiro de 2012). "Why I want to bring down the internet – for a day". The Independent. http://www.independent.co.uk/life-style/gadgets-and-tech/news/why-i-want-to-bring-down-the-internet--for-a-day-6290703.html. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  3. "Rupert Murdoch Sopa attack rebuffed by Google". BBC News. 16 de xaneiro de 2012. http://www.bbc.co.uk/news/mobile/technology-16574977. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  4. Rushe, Dominic (17 de xaneiro de 2012). "Twitter boss slams Wikipedia's 'silly' Sopa protest". The Guardian. http://www.guardian.co.uk/technology/2012/jan/16/wikipedia-sopa-blackout-slammed-twitter. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]