Apache (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apache
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura4 m[1]
diámetro0,17 m[1]
masa100 kg[1]
Etapas1[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado.
editar datos en Wikidata ]


Apache foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 como versión mellorada do Cajun. Entre as melloras incluíanse o uso de poliuretano aluminizado como propelente e o uso dun recubrimento fenólico na tobeira de aceiro.[1]

Aínda que podía ser usado en solitario, como foguete sonda dunha soa etapa, o habitual era que fose usado cunha etapa propulsora adicional, normalmente un Nike.[1]

Variantes[editar | editar a fonte]

Asp Apache[editar | editar a fonte]

O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "Apache" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2011. 
  2. Mark Wade (2011). "Asp Apache" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]