Evanxeos apócrifos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Apócrifos do Novo Testamento")

Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas. Estos escritos non foron recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Etíope Tewahedo e a Igrexa Católica nin polo protestantismo como expresión da fe.

Definición[editar | editar a fonte]

A palabra apócrifo é unha palábra de orixe grega que significa agochado. Este adxectivo deriva dos escritos manexados polo gnosticismo, cuxos seguidores concibíanse a si mesmos como escollidos aos que lle estaba reservado o coñecemento de revelacións misteriosas e ocultas ao común das xentes. Pero referise os escritors gnosticos como "apócrifos" é enganoso, posto que non serían considerarse como tales polos crentes máis ortodoxos dende o punto de vista doctrinario. Os Pais Gregos usaban o termo como sínónimo de antilegomena (documento disputado), aínda que certos libros canónicos tamén foron disputados, como o Apocalipse de San Xoán. Os expertos usan tamén o termo como sinónimo de pseudografía, termo aplicado a documentos de atribución falsa como o Evanxeo de Pedro no que un autor anónimo emprega o nome dun apóstolo para titular o seu traballo. A partir do Concilio de Trento a palabra "apócrifo" adquiriu connotacións negativas e tornouse sinónimo de "falso".

Historia[editar | editar a fonte]

As comunidades xudeu-cristiáns do primeiro cristianismo manexaron textos en hebreo e arameo. Os ebionitas, manexaron os seus propios textos coherentes co monoteísmo radical do xudaísmo. Siria e Exipto foron prolíficas neste tipo de escritos. Neste caso se observan dúas tendencias:

  • A que busca salientar o extraordinario e milagroso, moi do gusto popular
  • As que conteñen mensaxes crípticos, misteriosos e en clave só accesible para os iniciados, como é o caso dos gnósticos.

Correntes como o dualismo propio do maniqueísmo sumáronse ao gnosticismo no senso de desprezar o carnal e o material e, polo tanto, non buscaban tanto reflectir feitos meramente históricos, senón mensaxes de elevación mística e revelación espiritualista.

O marcionismo, ao establecer o seu propio canon que non aceptaba máis que o Evanxeo de Lucas e algunhas cartas atribuídas a Paulo de Tarso, provocou nas comunidades que se foron aglutinando en torno aos patriarcados incipientes de Alexandría, Xerusalén e Antioquía que se fora realizando unha escolma de textos que se entendía que reflectían a experiencia de fe transmitida polos apóstolos.

O recoñecemento de determinados textos por parte de figuras ás que se recoñeceu especial autoridade (Pais da Igrexa) foi tamén un criterio de escolla e depuración. Oríxenes relaciona varios libros apócrifos xa no século III. Foi un proceso de decantación que se produciu de vagariño ata a lista definitiva de Atanasio de Alexandría en que menciona os 27 textos do Novo Testamento.

Posteriormente, o Fragmento Murotariano, unha carta de Inocencio I, e o denominado Decreto Gelasiano pretenden dar un carácter fixo e definitivo ao conxunto de textos canónicos.

Evanxeos[editar | editar a fonte]

Evanxeos da infancia[editar | editar a fonte]

A escasez de información sobre a infancia de Xesús nos evanxeos provocaron unha gran demanda entre os primeiros cristiáns sobre os primeiros anos da vida deste. Esta demanda foi suplida por diversos textos redactados a partir do século II d.C. Ningún deles foi aceptado no canon bíbilico, a pesar do gran número de exemplares sobrevivintes que dan idea da súa popularidade. A maior parte foi basada no máis antiguo dos evanxeos da infancia, o Evanxeo da Infanca de Tiago (tamén chamado Proto-evaxeo de Tiago), no Evanxeo da Infancia de Tomé, e na combinación posterior de ambos no Evanxeo de Pseuo-Mateo (tamén chamado "Evanxeo da Infancia de Mateo" ou "Nacemento de María" e "Infancia do Salvador")

Apócrifos xudeocristiáns[editar | editar a fonte]

Son evanxeos pertencentes a sectas xudeocristiáns que conservaban unha forte relación co xudaísmo, e que mantiñan a Lei mosaica:

Versións rivais dos evanxeos canónicos[editar | editar a fonte]

Existiron moitas versions alternativa e editadas de outros evanxeos durante os primeiros anos do Cirstianismo. Na maior parte das veces o texto afirma ser unha versión más antiga ou una versión sen os engadiodos ou distraccións feitas polos opoñentes nas versións máis recoñecidas. OS Pais da Igrexa insistian en que esas eran as resonas que distorsionaban o texto orixinal, aínda qu noton todos os esturiosos modernos conincidan. É tema de debate se existe ou non algunha versión máis antigua dos evanxeos canónicoas. Algúns detalles dos seus contidos so sobreviviron nas referencias que de eles facían os que escribían argumentos na súa contra. Por eso non está claro se eran moi distintos entre eles, ou se todos eles diferentes obras ou varios títulos se refiren a un mesmo texto.

Apócrifos da Paixón e da resurrección[editar | editar a fonte]

Adoitan a exculpar a Roma da crucifixión de Xesús:

Apócrifos gnósticos[editar | editar a fonte]

Na era moderna recuperáronse moitos téxtos gnósticos, especialmente tras o descubrimento da Biblioteca de Nag Hammadi en 1945. Algúns textos expoñen a cosmoloxía esotérica e a ética defendia polos gnósticos. Moitas veces adoptan a forma de diálogos nos que os discípulos preguntan a Xesús e este expón o seu coñecemento esotérico. Hai un texto cooñecido como Epístola Apostolorum que é unha polémica contra o esoterismo gnóstico, pero está tamén escrito ao xeito do resto dos textos gnósticos.

Diálogos con Xesús[editar | editar a fonte]

Textos sobre Xesús[editar | editar a fonte]

Textos setianos[editar | editar a fonte]

Os setianos era un grupo que adoraba o Seth bíblico, terceiro fillo de Adán e Eva como unha figura mesiánica, sendo Xesús como unha reencarnación de Seth. Produciron varios textos nos que se expuña a súa cosmoloxía esotérica:

Feitos aprócrifos[editar | editar a fonte]

Os 'Feitos dos Apóstolos' foi un xénero literario no cristianismo primitivo, que contaba a história do movemento cristián tras a Ascensión de Xesús a traves das vidas e obras dos seus Apóstolos, principalmente San Pedro, Xoán e Paulo de Tarso. O texto chamado Feitos dos Apóstolos foi incluído no canon bíblio, sendo a segunda parte dunha obra inicicada co Evanxeo segundo Lucas[1] Entre os apócrifos abundan os feitos sobrenaturais. Según a tradición unha parte deles foron escritos por Leucius Charinus, compañeiro do apóstolo Xoán. Os "Feitos de Tomé" e os "Feitos de Pedro e os doce" son considerados textos gnosticos.

Epístolas[editar | editar a fonte]

Existen também varias epístolas non canónicas dirixidas polos seus autores tanto a individuos concretos, comunidades eclesiásticas. Algunas delas foron consideradas importantes pola igreja antiga:

Apocalipses Apócrifas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura apocalíptica.

Diversas obras están describen visións escatolóxicas, discutindo o futuro, a vida despois da morte, a fin do mundo...:

Destino de Maria[editar | editar a fonte]

Moitos textos son descricións dos eventos que circundaram o destino variado de María (a nai de Xesús):

Otros textos[editar | editar a fonte]

Fragmentos[editar | editar a fonte]

Ademási das obras apócrifas coñecidas, existen tamén algúns pequenos anacos de obras que nos son descoñecidas no seu formato completo. Alguns dos mais importantes são:

Obras perdidas[editar | editar a fonte]

Existen diversos textos mencionados en moitas fontes antigas e que foron considerados dende a ortodoxia da época como apócrifos, inda que non chegou onda nós resto algún:

Ortodoxia[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Ortodoxia doctrinaria e Ortodoxia.

Aínda que moitos libros citados aquí son considerados heréticos, outras obras non son consideradas particularmente heréticas no contido, e son en realidade aceptados como libros de importante valor espiritual. Non son, a pesar diso, considerados canónicos.

Entre os historiados do Cristianismo primitivo, estes libros teñen un valor incalculable, especialmente os que case entraron no canon final, como o Pastor de Hermas. Bart Ehrman, por exemplo, di:

Os vitoriosos nas disputas para establecer a ortodoxia cristiá non só gañaron as súas batallas teolóxicas, senón que tamén reescribiron a historia do conflito. Os líderes posteriores naturalmente asumiron que os puntos de vista vitoriosos foran aceptados pola maioría dos cristiáns dende o inicio... A práctica da falsificación cristiá ten unha longa e distinga historia... o debate durou más de trescentos anos... mesmo dentro dos círculos "ortodoxos" había un considerable debate sobre que libros deberían ser incluídos no canon.
 
— Barth Ehrman, Lost Christianities[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hans-Josef Klauck. The Apocryphal Acts of the Apostles: An Introduction. Baylor UP: [s.n.], 2008.
  2. Bart D. Ehrman (2003) (en inglés). Lost Christianities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evanxeos apócrifos Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ehrman, B.D. Misquoting Jesus: The story behind to changed tha bible and why. HarperCollins, 2005. ISBN 978-0-06-0731817-4
  • Piñero, A. Apócrifos del Antiguo y Nuevo Testamento. Alianza Editorial, 2010. ISBN 978-84-206-1911-3.
  • Santos Otero, A. Los Evangelios Apócrifos. BAC, 2004 ISBN 84-7914-504-8
  • Los Evangelios Apócrifos, Tradución, introdución crítica e notas de González Blanco, E. Biblioteca de Bolsillo. Imprenta Sáez Hermanos, Madrid.