Apócope
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha apócope é un fenómeno fonolóxico (ou fonético) consistente na eliminación ou perda dun fonema (ou son) na posición final dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou diacronicamente en diferentes variedades sintópicas.
Un exemplo pode ser o paso de de grande a gran ou de Santo (usado en galego ante vogal: Santo André de Teixido, Santo Iago > Santiago, Santo Antón) a San (que en galego se usa ante inicial consoante: San Tomé e Príncipe, San Domingos de Bonaval). En castelán, pode darse asemade no caso de San (só ante consoante dental) ou tamén no de tercero (producindo tercer) e primero (primer) preclíticos, caso que non se dá no galego.
| Metaplasmo |
| aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe |
| acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope |
| transposición: metátese |
| amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal |