Aore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aore
Map Espiritu santo.jpg
Mapa Espírito Santo
Situación
País Vanuatu
Provincia Sanma
Arquipélago Novas Hébridas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 15°35′S 167°10′E / 15.583°S 167.167°E / -15.583; 167.167
Xeografía
Xeoloxía Volcánica
Superficie 57´6 km²
Punto máis alto 122 m.
Demografía
Poboación 556 hab. (2009)
Densidade 9´65 hab/km² hab./km²

Aore é unha illa na provincia de Sanma, Vanuatu. Atópase fronte a Luganville na Illa Espírito Santo e ten un área de 58 km².

En Aore practicase o mergullo e a pesca. Hai numerosos centros turísticos, e de catering para turistas, vodas e bautizos. Aore é un paraíso para os mergulladores, está ó lado de naufraxios de primeira clase mundial e de dos arrecifes. Os naufraxios inclúen o SS President Coolidge, SS Tucker, e o MV Henry Bonneaud. Xa sexa de fondo ou de arrastre ao longo da costa virxe, os pescadores desde o principiante ata o máis experimentado gozan de excelente pesca durante todo o ano en Aore e nas cristalinas augas azuis de Espiritu Santo e as súas illas veciñas.

O turismo e plantacións son a base principal de emprego e de ingresos económicos de Aore.

Grandes colonias de morcegos ocupan moitas covas da illa.

Notas[editar | editar a fonte]