Anxo Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo Lorenzo
Nome completoAnxo Lorenzo
Data nacemento28 de decembro de 1974
Nado enMoaña
Ocupaciónmúsico
XéneroMúsica celta, folk
Instrumento(s)Gaita
Selo(s) discográfico(s)Zouma Records
Tempo en activo1986 - actualidade
Na rede
Páxina ofical
Facebook: anxolorenzoband Twitter: Anxolorenzoband MySpace: anxolorenzo Discogs: 1504145 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Anxo Lorenzo no Festival Intercéltico de Lorient.

Anxo Lorenzo, nado en Moaña o 28 de decembro de 1974, é un gaiteiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a tocar a frauta con cinco anos e a gaita con seis. Aos 8 comezou a estudar no Conservatorio de Vigo, aprendendo solfexo, harmonía, piano e frauta barroca e gaita con Carlos Núñez. Asistiu a cursos de gaita con Moxenas, Patrick Molard e Fred Morrison. Durante cinco anos asiste ó obradoiro de Instrumentos Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo, baixo a dirección de Antón Corral.

Dende os doce anos colaborou con grupos de música tradicional galegos como Xarabal, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza traballos de investigación e recollida de música tradicional así como gravacións, concertos e xiras por España, Francia, Estados Unidos, Inglaterra e Irlanda.[1].

Ten participado en festivais do mundo celta[2][3] como o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Intercéltico do Morrazo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira[4] o William Kennedy Internacional Festival Piping ou o Festival Intercéltico de Lorient, onde empatou no primeiro lugar do Trofeo Macallan en 1995 cos gaiteiros Edelmiro Fernández e Jorge Fernández Areces, pero sendo proclamado gañador este último por ser o de menor idade.[5][6]

Colaborou con artistas como Mónica Molina, Ska-P, Chambao, Poncho Ka, Los Feliz, Amistades Peligrosas, Kathryn Tickell ou Rory Campbell, fusionando a gaita galega co pop, o rock e a música electrónica.

Xunto a Pedro González creou o grupo Spiritu 986, sacando o primeiro disco en 2001. Mesturan o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía.

En 2010 publicou o disco Tirán, cunha banda formada por Xosé Liz (bouzouki), Luís Peixoto (bandolín, cavaquiño e percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Eoghan Neff (violín). O disco conta con 11 temas variados, e conta coas colaboracións de Anxo Pintos, Pancho Álvarez, Kathryn Tickell, Peter Tickell, Pablo de Vigo, Luis Peixoto (Dazkarieh), Roi Adrio (Quempallou) e Jorge Arribas (La Musgaña).

En 2015 colaborou coa banda bretoa Gwendal na gravación dun CD e DVD de conmemoración dos 45 anos do grupo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Anxo Lorenzo de gira por Irlanda e Inglaterra», artigo en Xornal de Galicia 16 de xullo de 2010 (en castelán).
  2. «El gaitero Anxo Lorenzo dio toda una lección de virtuosismo», artigo en El Mundo, 13 de xullo de 2010 (en castelán).
  3. «John McSherry y Anxo Lorenzo actuarán en el Intercéltico de Moaña, de cuyo cartel se cae Solas», artigo no Faro de Vigo, 22 de xullo de 2010 (en castelán).
  4. «La música celta de Anxo Lorenzo ya suena en Ortigueira» Arquivado 09/04/2011, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 1 de xullo de 2010.
  5. "Edelmiro Fernández: «A primeira vez que gañei en Lorient foi cun triplo empate»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2019. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  6. Pardo, Guillermo (7 de agosto de 1995). "Éxito de los músicos gallegos en el Festival de Lorient". La Voz de Galicia (en castelán). p. 5. 
  7. "Un galego de Moaña na corte de Gwendal, o mítico grupo bretón do folk celta". Nós Diario. 28 de agosto de 2015. Consultado o 1 de maio de 2020.