Anxiostatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A anxiostatina é unha proteína que se encontra nos humanos e outras especies. É un inhibidor endóxeno da anxioxénese (é dicir, bloquea o crecemento de novos vasos sanguíneos), e utilízase actualmente en ensaios clínicos en terapias contra o cáncer, xa que os tumores necesitan a formación de novos vasos sanguíneos para crecer.[1]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A anxiostatina é un fragmento de 38 kDa dunha proteína de maior tamaño, a plasmina (un fragmento de plasminóxeno) que comprende os catro primeiros módulos con dominios kringle do plasminóxeno. Cada módulo contén dúas pequenas láminas beta e tres enlaces disulfuro.[2][3] A estrutura cristalográfica de raios X da anxiostatina xa foi determinada.[4]

Síntese[editar | editar a fonte]

A anxiostatina pode producirse por escisión autoproteolítica do plasminóxeno, que implica a redución de enlaces disulfuro extracelulares pola fosfoglicerato quinase. Ademais a anxiostatina pode ser escindida do plasminóxeno por diferentes metaloproteinases (MMPs), tales como a elastase, antíxeno prostático específico (PSA), serina protease de 13 kD , endopeptidase de 24 kD.[5] A anxiostatina pode producirse tamén a partir da proteólise da plasmina.[6]

Actividade biolóxica[editar | editar a fonte]

A anxiostatina é coñecida por unirse a moitas proteínas, especialmente a anxiomotina e ATP sintase da superficie de células endoteliais, tamén a integrinas, anexina II, receptores C-met, proteoglicanos NG2, activador do plasminóxeno tisular, condroitín sulfato de proteoglicanos, e o CD26. Ademais, os pequenos fragmentos de anxisotatina poden unirse a varias outras proteínas. Aínda hai certa incerteza sobre o seu mecanismo de acción, mais parece implicar a inhibición da migración de células endoteliais,[7] a proliferación e a indución da apoptose. Propúxose que a actividade da anxiostatina está relacionada, entre outras cousas, coa combinación das súas propiedades mecánicas e redox.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Safety and Efficacy Study of rhAngiostatin Administered in Combination With Paclitaxel and Carboplatin to Patients With Non-Small-Cell Lung Cancer - ClinicalTrials.gov
  2. Cao Y, Ji RW, Davidson D; et al. (1996). "Kringle domains of human angiostatin. Characterization of the anti-proliferative activity on endothelial cells". The Journal of Biological Chemistry 271 (46): 29461–7. PMID 8910613. doi:10.1074/jbc.271.46.29461. 
  3. O'Reilly MS, Holmgren L, Shing Y; et al. (1994). "Angiostatin: a novel angiogenesis inhibitor that mediates the suppression of metastases by a Lewis lung carcinoma". Cell 79 (2): 315–28. PMID 7525077. doi:10.1016/0092-8674(94)90200-3. 
  4. Abad MC, Arni RK, Grella DK, Castellino FJ, Tulinsky A, Geiger JH. The X-ray crystallographic structure of the angiogenesis inhibitor angiostatin. J Mol Biol. 2002 May 10;318(4):1009-17. PMID 12054798. [1]
  5. J. H. Geiger1, S. E. Cnudde. What the structure of angiostatin may tell us about its mechanism of action. Journal of Thrombosis and Haemostasis. Volume 2, Issue 1, pages 23–34, January 2004. DOI 10.1111/j.1538-7836.2004.00544.x. [2]
  6. Paul Stathakis, Melinda Fitzgerald, Lisa J. Matthias, Colin N. Chesterman and Philip J. Hogg. Generation of Angiostatin by Reduction and Proteolysis of Plasmin Catalysis by a Plasmin Reductase Secreted by Cultures Cells. The Journal of Biological Chemistry. [3]
  7. Redlitz A, Daum G, Sage EH (19-06-2009). "Angiostatin diminishes activation of the mitogen-activated protein kinases ERK-1 and ERK-2 in human dermal microvascular endothelial cells". Journal of Vascular Research 36 (1): 28–34. PMID 10050071. doi:10.1159/000025623. 
  8. Grandi F, Sandal M, Guarguaglini G, Capriotti E, Casadio R, Samorì B (19-06-2009). "Hierarchical mechanochemical switches in angiostatin". Chembiochem : a European Journal of Chemical Biology 7 (11): 1774–82. PMID 16991168. doi:10.1002/cbic.200600227.