Anuncia Casado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anunciación Casado Atanes»)
Infotaula de personaAnuncia Casado
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor em Wikidata
Cualedro, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Pexeiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Anunciación Casado Atanes, coñecida como Pasionaria,[1] nada en Cualedro en 1897 e finada en Pexeiros (Viana do Bolo) o 21 de agosto de 1936, foi unha política galega.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viúva dun obreiro morto en accidente laboral en Sestao e nai de catro fillos. Oradora e organizadora sindical de moita sona, pola súa defensa do campesiñado. Foi responsable do Partido Comunista de España na comarca de Viana.[3] Na Segunda República fixo propaganda entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obxecto dunha constante persecución. Detida polos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada no lugar das Revendeitas,[3] no camiño da Gudiña a Viana o 21 de agosto de 1936.[2] Foi soterrada nunha fosa xunto á igrexa do Castro, na parroquia de Pexeiros.[4] Fóronlle incautados os seus bens.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]