António Ramalho Eanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntónio Ramalho Eanes

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) António dos Santos Ramalho Eanes Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Alcains, Portugal Editar o valor em Wikidata
Presidente do Partido Renovador Democrático (pt) Traducir
19 de outubro de 1986 – 5 de agosto de 1987
16º Presidente de Portugal
14 de xullo de 1976 – 9 de marzo de 1986
← Francisco da Costa GomesMário Soares →
Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Lisboa

Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Militar Portuguesa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e exército Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , revolucionario , militar , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Renovador Democrático (pt) Traducir (1985–1987) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Portugués Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente
Xeneral
Comandante
Coronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra colonial portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Manuela Portugal Eanes
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Ramalho Eanes, en visita de Estado aos Estados Unidos, acompañado de George Shultz (á dereita) e Manuela Eanes (á esquerda).

António dos Santos Ramalho Eanes, nado en Castelo Branco o 25 de xaneiro de 1935, é un oficial militar e expolítico portugués. Foi o primeiro presidente da República democraticamente elixido despois da revolución de 1974.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramalho Eanes naceu en Alcains, concello de Castelo Branco, nunha familia humilde, fillo de Manuel dos Santos Eanes e Maria do Rosário Ramalho. En 1942 entra no Liceu de Castelo Branco. Alístase no exército en 1952, estudando tácticas militares (Escola do Exército, de 1952 a 1956; Curso de Instrución de Operacións Especiais, en 1962; instrutor de Acción Psicolóxica no Instituto de Altos Estudos Militares, en 1962). No exército, Ramalho Eanes segue a rama de Infantaría. Serve na Guerra Colonial onde combateu na India Portuguesa, Macau, Mozambique, Guinea-Bisau e Angola. Despois dunha dilatada carreira militar, Eanes atopábase aínda de servizo en Angola cando se levou a cabo a revolución do 25 de Abril. Adheriuse ao Movimento das Forças Armadas e, xa de regreso en Portugal, foi director de programas e nomeado presidente do consello de administración da RTP, ata marzo de 1975.

En 1975 foi nomeado Xeneral, e dirixiu as operacións militares do 25 de novembro dese mesmo ano, contra a facción máis radical do MFA. En 1976 foi elixido Presidente da República, sendo reelixido a finais de 1980.

Ao final do segundo mandato como presidente da república, en febreiro de 1986, asume pouco despois a presidencia do Partido Renovador Democrático, dimitindo dese cargo en 1987.

Nomeado Xeneral de catro estrelas o 24 de maio de 1978, pasou á reserva, por propia iniciativa, en marzo de 1986. Actualmente é Conselleiro de Estado.

Está casado con Maria Manuela Duarte Neto de Portugal Eanes.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

É Grande Colar da Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, cabaleiro da Ordem Militar de Avis e Gran-Cruz da Ordem da Liberdade.

República Portuguesa

Segue a:
Francisco da Costa Gomes
António Ramalho Eanes
Precede a:
Mário Soares
Presidente da República Portuguesa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]