Antuerpen - Antwerpen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Belgium.svg  Antwerp
AntwerpenLocatie.png
localización do concello, no distrito e na provincia
Escudo Bandeira
Sen escudo.svg Flag of Antwerp (City).svg
Xeografia
Rexión Flandres
Provincia Provincia de Antwerp
Coordeadas 51°13’ N, 04°24’ E
Área 204.51 km²
Demografía
Poboación
– Homes
– Mulleres
Densidade
501.400 (01/10/2011)
50,97%
49,03%
2.290 hab./km2
Grupos de idade
0–19 anos
20–64 anos
65 anos ou máis
(01/01/2006)
22,32%
58,47%
19,21%
Estranxeiros 12,41% (01/07/2005)
Economia
Desemprego 16,72% (01/01/2006)
Renda per capita 12.474 euros/hab. (2003)
Política
Prefecto Patrick Janssens(SP)
Coalición/Partido {{{coalición}}}
Vereadores {{{vereadores}}}
Código Postal
Código Postal submunicipios (antigos municipios)
{{{código postal}}} {{{submunicipios}}}
Outras informacións
Código telefónico {{{código telefônico}}}
Código NIS {{{nis}}}
Páxina web www.antwerpen.be

Antuerpen (en neerlandés: Antwerpen, en francés: Anvers) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxens do río Escalda. Antuerpen é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 501 mil habitantes.

O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade prodúcense o 80 porcento dos diamantes brutos e o 50 por cento dos diamantes lapidados do mundo. Dacordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Antuerpen moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.

Praza do mercado de Antuerpen

Índice

[editar] Historia

No percorrer do século XV, o seu porto adquiriu unha gran relevancia no comercio internacional, coa pioneira fundación dunha primitiva "bolsa" na cidade, que rapidamente transformou Antuerpen nun dos máis coñecidos centros comerciais e produtores do Vello Continente.

[editar] Cultura

Antuerpen é a cidade natal de Peter Paul Rubens, o cal é considerado como o símbolo da cidade, é doado atopar en rúas e prazas estatuas e referenzas a el. A catedral, alberga tres das súas obras e outras notorias pódense atopar no museo coñecido como A Casa de Rubens.

No referente á vida nocturna, Antuerpen é unha cidade moi animada dado que é unha das cidades universitarias máis importantes do país. O centro está cheo de bares onde pódese degustar, entre outras moitas cousas, a cervexa propia da cidade, De Koninck.

Un dos mellores lugares para disfrutar da cultura de bar belga é Kassa4, en Ossenmarkt. Tamén, xunto á catedral atópase o bar máis antigo da cidade que ofrece unha carta de cervexas con máis de 150 diferentes.

Outra visita interesante é a zona portuaria próxima ao centro histórico onde se poden ver distintos tipos de embarcacións tanto de transporte como de recreo, nunha exposición libre situada en antigos almacéns.

A igrexa de Santiago (Sint Jakobskerk) é outro dos monumentos a visitar, xa que Antuerpen era unha das etapas importantes no Camiño de Santiago desde os Países Baixos.

[editar] Cidades irmás

Dentro do eido da cooperación para o desenvolvemento, Antwerpen tamén está irmandada con:

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Web oficial do concello (en inglés e holandés)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas