Antonov An-3
| Antonov An-3 | |
|---|---|
| Un An-3 en 1997 | |
| Tipo | agrícola |
| Fabricante | Antonov |
| Primeiro voo | 13 de maio 1980 |
| Introducido | 1991 |
| Estado | En produción |
| Principais usuarios | Servizos agrícolas |
| Construídos | 25 |
| Custo unitario | 1 500,000 $ |
| Variantes | Antonov An-2 |
O Antonov An-3 é un avión soviético-ucraíno de tipo agrícola. É esencialmente un turbopropulsor desenrrolado a partir do Antonov An-2 para a súa actualización ou substitución.
[editar] Historia
O seu primeiro vó de proba foi o 13 de maio de 1980, pero debido á falta de interes no proxecto, as probas de vó non se completaron ata 1991.
O proxecto foi revitalizado a finais dos anos 90 cando foi levado por Polyot State Aerospace Enterprise, e unha campaña de marketing comezou a comezos do ano 2000, aínda que as ventas foron limitadas. Está disponible en dúas versións, a versión básica agrícola (An-3SKh - "Selsko-Khosiajstwenni", Agricultural) e a versión de transporte civil (An-3T) capaz de transportar ata 12 pasaxeiros ou 1800 kg de carga.
Aínda que foi desigando como An-3, este número non lle foi dado de forma secuencial. Antonov asignoullo porque o An-3 ía reemprazar ó Antonov An-2. Outro intento de reemprazar o An-2 nas granxas soviéticas foi levado a cabo nos anos 70 co WSK-Mielec M-15 Belphegor, pero non tivo éxito.