Antonov An-225

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Antonov An-225 Mriya

O Antonov An-225 Mriya (en ucraíno: Антонов Ан-225 Мрія), nome asignado pola OTAN: Cossack. É un avión de transporte estratéxico fabricado por Antonov. O seu deseño, construído para transportar a lanzadeira Buran foi unha extensión do Antonov An-124. Mriya ("мпия") significa «sono» (no sentido da inspiración) en ucraíno.

Cun peso máximo de 640 toneladas, o An-225 é o avión máis pesado do mundo. O Hughes H-4 Hercules, coñecido como Spruce Goose, tiña unha envergadura maior pero só voou nunha ocasión mantendo o voo algo máis de 1.600 metros, en cambio o An-225, é o avión máis grande do mundo e despegou varias veces. [1]

En novembro de 2004, a FAI colocou ó An-225 no Libro Guinness dos Récords cas súas 240 marcas.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Transbordador Buran sobre o An-225.
An-225 no aeroporto de Manchester.

O An-225 foi deseñado para o programa espacial soviético como un reemplazo do Myasishchev VM-T. Pode transportar os foguetes impulsores do Enerxía e o transbordador espacial Buran, tendo unha misión similar ó Airbus Beluga e o Shuttle Carrier Aircraft.[2]

O avión era un sucesor do An-124. Para acadar os requisitos da súa nova tarefa, engadíronselle extensións á fuselaxe tanto a proa como popa das ás, que recibían as raíces alares.[3] Engadíronselle dous motores turbofan máis Lotarev D-18 ás novas raíces alares, sumando un total de seis e modificouse o tren de aterraxe cun total de 32 rodas. Se eliminaron a porta e rampla traseiras para aforrar peso e se transformou a cola dun único estabilizador vertical a unha cola dobre cun estabilizador horizontal de grandes dimensións.

A cola dobre era unha necesidade, para poder levar grandes cargas nun contedor no exterior, que perturbarían a aerodinámica dunha cola convencional. A diferenza do An-124, o Mriya non foi deseñado para transporte táctico nin operar en pistas curtas. Ademais, nas pistas longas ten dificultades para operar, xa que ao despegar crea unha enorme perturbación no aire que provoca violentos vórtices, de xeito que o primeiro avión que queira despegar tralo Mriya debe esperar quince minutos. Por iso, o An-225 adoita frecuentar as pistas máis tranquilas, e así evita "entorpecer" o frenético ritmo de despegues e aterraxes, dos grandes aeroportos.

Historia[editar | editar a fonte]

Antonov 225.svg

O An-225 realizou o seu primeiro voo o 21 de decembro de 1988. Comezáronse a fabricar dous avións, pero só se rematou un. Pode levar cargas moi pesadas, de ata 250 toneladas no seu interior ou 200 toneladas na parte superior do fuselaxe. As cargas externas poden medir ata 70 metros de lonxitude, para transportar foguetes e lanzar satélites ao espazo.[4] O segundo avión foi parcialmente construído a finais dos anos 80, en conexión co programa espacial soviético.

Trala desaparición da Unión Soviética e a cancelación do programa Buran, o An-225 operativo foi almacenado. Se retiraron os seis motores Lotorev para empregalos nos An-124 e o segundo An-225 case completo e sen motores tamén foi almacenado.

Tren de aterraxe traseiro

Operadores actuais[editar | editar a fonte]

Ucraína Ucraína

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.theaviationzone.com/factsheets/an225.asp. Antonov An-225 Mryia (Cossack). The Aviation Zone
  2. http://vectorsite.net/avantgt.html#m3. Antonov An-225 Mriya ("Cossack"). The Antonov Giants: An-22, An-124, & An-225
  3. http://vectorsite.net/avantgt.html#m3. Antonov An-225 Mriya ("Cossack"). The Antonov Giants: An-22, An-124, & An-225
  4. http://www.antonov.com/products/air/transport/AN-225. Antonov ASTC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antonov An-225