Antonov An-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-2
An-2 RB1.jpg
Un Antonov An-2 da Forza Aérea Polaca
Tipo transporte lixeiro
Fabricante Antonov
Deseñado por Oleg Konstantinovich Antonov
Primeiro voo 31 de agosto 1947
Introducido 1947
Principais usuarios Flag of the Soviet Union.svg Unión Soviética
Rusia Rusia*
Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of North Korea.svg Corea do Norte
Produción Aínda en produción na República Popular da China
Construídos + 18.000
Variantes Antonov An-3

O Antonov An-2 (en ruso: Ан-2) tamén chamado Annushka é un robusto biplano monomotor. O seu primeiro voo tivo lugar o 31 de agosto de 1947 sendo o primeiro avión deseñado por Antonov. é empregado coma medio de transporte lixeiro con capacidade para 12 pasaxeiros, paracaidismo e traballos agrícolas. As súas extraordinarias capacidades para voar a baixa velocidade e realizar despegues e aterraxes en curtas distancias, o fan perfecto para voos a lugares con pistas improvisadas. Tamén foron creadas variantes para climas fríos e outras condicións extremas. é o maior biplano monomotor xamais construído e os 45 anos de produción ininterrompida o converten nun dos avións máis antigos aínda en uso.

Historia[editar | editar a fonte]

Biplano An-2 particular na exhibición aérea de Miramar

O An-2 é o biplano monomotor máis grande xamais construído e foi producido en grandes cantidades sendo construídos 5.000 ata 1.960 na URSS. A partir dese ano a maioría dos An-2 foron construídos na factoría polaca WSK-P2L Mielec, con máis de 13.000 aparellos construídos ata o fin da produción do An-2 en 1.991. Unha produción limitada para partes de recambio e cobertura de mantento continúa. O An-2 é tamén construído baixo licenza na China co nome de Shijiazhuang Y-5 (Avión de transporte Tipo 5).

Deseño[editar | editar a fonte]

O An-2 foi deseñado como un avión de usos diversos para uso do goberno na agricultura e bosques. Porén é altamente adaptable e numerosas variantes foron creadas incluíndo versións científicas para estudos atmosféricos, avións cisterna para a loita contra incendios forestais, ambulancias voantes, hidroplanos, unha versión de combate lixeiramente armada para o lanzamento de paracaidistas e a versión máis común, o An-2T, con capacidade para 12 pasaxeiros. Todas as versións salvo o An-3 están dotadas dun motor radial Shvetsov ASh-62IR de 1000 CV de potencia e 9 cilindros o cal foi orixinalmente deseñado a partir do Wright R-1820.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antonov An-2