Antonio María de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio de la Iglesia González")

Antonio María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1822 e finado na Coruña en 1892, foi un escritor galego, fundamental no comezo do rexurdimento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguiu estudos de Maxisterio na Escuela Normal Central de Madrid, e posteriormente foi o primeiro director da Normal de Santiago de Compostela. Máis adiante foi inspector de escolas e catedrático de Retórica e Poética do instituto da Coruña.

Colaborou en La Aurora de Galicia, Revista de Galicia e El Fomento de Galicia; foi editor de Galicia. Revista Universal de este Reino (1861-1865), dirixida polo seu irmán Francisco María de la Iglesia, e foi redactor do Diario de La Coruña. Tamén colaborou en El Anunciador.

Foi o organizador dos Xogos Florais da Coruña de 1861 e compilador do Álbum de la Caridad (1862), onde se recollían as composicións dos poetas participantes. Autor de El idioma gallego, su antigüedad y vida (1886). Escribiu tamén diversos poemas en galego recollidos na prensa desde 1857 e algúns contos publicados a partir de 1888.

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

Desenvolveu tamén un longo traballo de investigación sobre o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico de Galicia, en especial das Mariñas coruñesas e da cidade de Santiago de Compostela, e do contexto histórico no que foi creado, que foi dando ao público publicado en artigos na prensa rexional, aínda que moito daquel material recollido permanece inédito hoxe.

Ocupou praza na Comisión Provincial de Monumentos, que, por iniciativa súa, entendeu nos procesos de desaparición de diversos edificios de mérito, deixando constancia documental e gráfica da súa historia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]