Antonio de Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio de Torres

Antonio de Torres, nado en La Cañada de San Urbano (Almería) o 13 de xuño de 1817 e finado en Almería o 19 de novembro de 1892, foi un construtor de guitarras ao que se lle atribúe ser o principal responsable da transformación deste instrumento tal como o coñecemos hoxe en día.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na provincia de Almería desenvolveu o seu labor en Sevilla (entre 1852 e 1869) e Almería (de 1875 ata a súa morte en 1892). Os seus deseños baseábanse na teoría de que a tapa harmónica é a clave do son da guitarra.

O reforzo en abano para a parte inferior da tapa, o característico ensanchamento da curva inferior da caixa, o desprazamento da ponte, e o emprego de madeiras delgadas contribuíron á creación de guitarras resistentes pero lixeiras, cun son claro e flexible e un deseño elegante e sinxelo.

O máis famoso dos guitarristas que usaron instrumentos de Torres foi Francisco Tárrega, que foi un dos primeiros músicos empeñados en demostrar que a guitarra era un instrumento "serio".

Calcúlase que construíu unhas 320 guitarras durante os seus dous períodos de actividade, das cales localizáronse unhas 70.