Antonio Trevín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Trevín
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Delegado do Goberno de España en Asturias
Período30 de abril de 2004 – 14 de outubro de 2011
AntecesorMercedes Fernández
SucesorFrancisco González Zapico
  Presidente do Principado de Asturias
Período17 de xuño de 1993 – 10 de xullo de 1995
AntecesorJuan Luis Rodríguez-Vigil Rubio
SucesorSergio Marqués Fernández
  Alcalde de Llanes
Período30 de xuño de 1987 – 22 de xuño de 1993
AntecesorJosé Enrique Rozas Guijarro
SucesorManuel Esteban Miguel Amieva
Período4 de xullo de 1999 – 30 de abril de 2004
AntecesorManuel Esteban Miguel Amieva
SucesorMaría Dolores Álvarez Campillo
  Deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias
Período28 de maio de 1991 – 13 de xuño de 1999
  Deputado en Cortes Xerais de España
Período13 de decembro de 2011 – 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesor, delegado do Goberno en Asturias
Partido políticoFederación Socialista Asturiana-Partido Socialista Obrero Español
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor em Wikidata

Antonio Ramón María Trevín Lombán, nado en Avilés o 27 de febreiro de 1956, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1993 e 1995 e foi o cabeza de lista do Partido Socialista Obrero Español nas xerais por Asturias.

Inicios[editar | editar a fonte]

Mestre e diplomado en Historia, é profesor de Educación Xeral Básica, profesión que exerceu por primeira vez nas escolas de Hontoria e Purón, en Llanes. En 1982 afiliouse ao PSOE e formou parte da candidatura dese partido ao Concello de Llanes nas eleccións municipais de 1983. Foi elixido concelleiro e portavoz do Grupo Municipal Socialista.

Entre 1985 e 1987 foi Director Provincial de Educación, sendo conselleiro de Educación, Cultura e Deporte Manuel Fernández de la Cera.

Nas eleccións municipais de maio de 1987, encabezou a candidatura do PSOE ao Concello de Llanes, resultando elixido alcalde con maioría absoluta. En 1991, repetiu candidatura e triunfo, compaxinando o cargo de Alcalde co de Deputado na Xunta Xeral do Principado, xa que formara parte da candidatura do PSOE nas eleccións autonómicas pola circunscrición oriental.

Presidente do Principado de Asturias[editar | editar a fonte]

En 1993, o escándalo do petromocho, fixo que o daquelas Presidente do Principado, Juan Luis Rodríguez-Vigil dimitise, o que fixo que o Grupo Socialista na Xunta Xeral do Principado presentase a candidatura de Antonio Trevín como Presidente do Principado, resultando investido. As novas responsabilidades fixérono dimitir como Alcalde de Llanes.

Nas eleccións autonómicas de 1995, encabezou a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado, sendo derrotado pola do PP encabezada por Sergio Marqués. Tras catro anos como Xefe da Oposición, encabeza de novo en 1999 a candidatura do PSOE en Llanes, resultando elixido alcalde e revalidando o cargo nas municipais de 2003.

Delegado do Goberno[editar | editar a fonte]

En maio de 2004, tras a vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 2004, foi nomeado Delegado do Goberno de España en Asturias, cargo que ostentou até 2011 cando dimitiu para ser cabeza de lista nas xerais por Asturias, obtendo o escano.

Dentro dos órganos internos do PSOE, desde 1994 é membro do Comité Federal e formou parte da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado, sendo poñente da LOGSE. Así mesmo, coordinou a Comisión de Educación da Federación Española de Municipios e Provincias.

Cargos políticos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Concelleiro no Concello de Llanes. (1983-1985)
  • Director Provincial de Educación de Asturias. (1985-1987)
  • Concelleiro no Concello de Llanes. (1987-1993)
  • Alcalde de Llanes. (1987-1993)
  • Deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias. (1991-1999)
  • Presidente do Principado de Asturias (1993-1995)
  • Presidente do grupo socialista na Xunta Xeral do Principado de Asturias. (1995-1999)
  • Concelleiro no Concello de Llanes. (1999-2004)
  • Alcalde de Llanes. (1999-2004)
  • Delegado do Goberno en Asturias. (2004-2011)
  • Deputado por Asturias no Congreso dos Deputados. (desde 2011)
Predecesor:
José Enrique Rozas Guijarro

Alcalde de Llanes

1987-1993
Sucesor:
Manuel Esteban Miguel Amieva
Predecesor:
Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio

Presidente do Principado de Asturias

1993-1995
Sucesor:
Sergio Marqués
Predecesor:
Isidro Fernández Rozada
Xefe da Oposición do Principado de Asturias
1995-1999
Sucesor:
Ovidio Sánchez
Predecesor:
Manuel Esteban Miguel Amieva

Alcalde de Llanes

1999-2004
Sucesor:
María Dolores Álvarez Campillo
Predecesor:
Mercedes Fernández

Delegado do Goberno de España en Asturias

2004-2011
Sucesor:
Francisco González Zapico