Antonio Tomás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Tomás
TOMAS IN CSKA.jpg
Información persoal
Nome completo Antonio Tomás González
Nacemento 19 de xaneiro de 1985 (28 anos)
Lugar Torrelavega, España
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual CSKA Sofia
Número 7
Carreira xuvenil
Racing de Santander
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
2003–2005 Racing B
2005–2006 Racing de Santander 23 (0)
2006–2011 Deportivo da Coruña 75 (0)
2006–2007 Racing (cedido) 20 (0)
2011–2012 Zaragoza 3 (0)
2012– CSKA Sofia 6 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 12 de abril de 2012.
† Aparicións (Goles)

Antonio Tomás González, nado o 19 de xaneiro de 1985 en Torrelavega, é un futbolista español. Xoga como centrocampista e o seu actual equipo é o PFC CSKA Sofia.

Traxectoria [editar]

Antonio Tomás chegou ao Racing de Santander despois de pasar polas categorías inferiores do club, facendo o seu debut o 30 de novembro de 2005 nun encontro entre o Valencia CF e o Racing de Santander no estadio de Mestalla.

En 2006, foi contratado polo Deportivo nunha operación que levou a Pedro Munitis ao Racing e traeu ao Dépor a Antonio Tomás e máis a Dudu Aouate, que o cedeu durante a tempada 2006–07 ao seu antigo club. Debutou co Deportivo na campaña 2007–08, nun partido contra o FC Barcelona o 9 de decembro, no Camp Nou.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]