Antonio Saura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Saura, nado en Huesca o 22 de setembro de 1930 e finado en Cuenca o 22 de xullo de 1998, foi un artista español, irmán do director de cine Carlos Saura e tío do produtor cinematográfico Antonio Saura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Saura creceu durante a Guerra Civil Española en Madrid, Valencia e Barcelona. Debido a unha enfermidade pulmonar a partir de 1943 tivo que pasar cinco anos en cama.

Sen educación académica, comeza a súa carreira artística como autodidacta, ten unha primeira exposición en Zaragoza en 1950 e expón finalmente en Madrid en 1952 cadros surrealistas. Tras o seu traslado a París a metade dos anos 50, súmase aos surrealistas.

Tras a súa volta a España, funda xunto con outros artistas o grupo El Paso. A súa primeira exposición en París tívoa en 1957. O ano seguinte, 1958, participa xunto con Antoni Tàpies e Eduardo Chillida na Bienal de Venecia e en 1959 é invitado á segunda edición de Documenta en Kassel (Alemaña). Durante esta época pinta cadros abstractos moi expresivos que con todo aínda conteñen a miúdo símbolos, por exemplo no seu Cristo Crucificado de 1959 ou o ciclo Brigitte Bardot.

A finais de anos 1950 comeza a cooperar co seu compatriota Antonio Tápies, co que realiza unha exposición conxunta na Documenta de 1959 en Múnic. Ambos son os principais expoñentes do arte informal español.

Antonio Saura é Doutor Honoris Causa pola Universidade de Castela-A Mancha, a cal deu o seu nome ao edificio que alberga a facultade de Belas Artes, unha das máis modernas e funcionais de España.

Exposicións (selección)[editar | editar a fonte]

Premios (selección)[editar | editar a fonte]

  • 1960 Premio Guggenheim, Nova York (Estados Unidos)
  • 1979 Premio da primeira bienal gráfica europea (Ersten Europäischen Grafikbiennale), Heidelberg (Alemaña)
  • 1982 Medalla de ouro de Belas Artes de España
  • 1995 Gran premio da cidade de París (Francia)

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]