Antonio Quesada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAntonio Quesada
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarifé Quesada Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando Quesada e Xaime Quessada Editar o valor em Wikidata
ParentesIris Darriba Quesada () Editar o valor em Wikidata


Antonio Quesada Porto, nado en Ourense o 14 de xuño de 1932 e finado en Vigo o 26 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como Xaime Quesada, Carlos Quesada ou Fernando Quesada, todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de Facenda. En 1953 consegue praza en Zamora, onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez García e Jesús Hilario Tundidor.

Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en 1966 a Vigo, onde residirá o resto da súa vida.

Pintor abstracto, destacou como paisaxista, con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o óleo (sobre lenzo ou madeira), e a serigrafía. Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Municipal de Ourense, o Bello Piñeiro de Ferrol e o de Toledo, e en varias coleccións privadas e institucións públicas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el artista Antonio Quesada". La Región (en castelán). 27/1/2015. Arquivado dende o orixinal o 27/01/2015. Consultado o 27/01/2015. 
  2. Pablos, Francisco de et al.: Artigo "QUESADA PORTO, Antonio" en Gran Enciclopedia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]