Antonio Puig Gaite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Puig Gaite
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1907 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1993 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
16 de xuño de 1955 – 14 de abril de 1958
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1993,[1] foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Javier Puig Llamas. Licenciado en Farmacia, a finais dos anos trinta fíxose cargo da farmacia do seu tío e padriño Enrique Eiras (casado con Concha Puig) en Pontevedra. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario do xefe provincial de Falange Manuel Castro Pena. Foi Conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1955, 1958, 1961, 1964, 1967 e 1971), vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1957-1965), Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra e alcalde de Pontevedra (1971). Foi condecorado coa Orde Imperial del Yugo y las Flechas en 1962. Na transición foi candidato de Alianza Popular ao Senado nas eleccións de 1977.

Foi presidente do Pontevedra Club de Fútbol (1951-1956).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Pérez-Quevedo Asenjo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-5-1993, p. 82.