Antonio Hernández Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Hernández Gil, nado en Puebla de Alcocer o 29 de marzo de 1915 e falecido o 26 de maio de 1994 en Madrid, foi un xurista e político español.

[editar] Traxectoria

Licenciouse en dereito pola Universidade de Salamanca, e doutorouse na de Madrid en 1934 con premio extraordinario. O mesmo ano conseguiu a cátedra de dereito civil na Universidade de Granada, onde exerceu a docencia ata 1954, cando se trasladou á Universidade Complutense de Madrid. En 1975 foi escollido presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e dous anos máis tarde dá o salto á política ao ser designado senador en 1977 polo rei Xoán Carlos I. Ademais, compatibilizou o cargo de senador co de Presidente das Cortes e do Consello do Reino, ambos os dous designados polo monarca.

En 1979, ao sancionar o rei a Constitución, foi substituído dos seus cargos, pero en 1982 regresa á presidencia do daquela denominado Consello de Estado. En 1985 é elixido maxistrado do Tribunal Supremo e do novo Consello Xeral do Poder Xudicial. Un ano despois, en 1986, ETA atentou contra a súa vida, pero saíu ileso.

[editar] Obra

  • Naturaleza jurídica de la obligación alternativa (1942)
  • La solidaridad en las obligaciones (1946)
  • El futuro del derecho civil (1958)
  • Metodología de la ciencia del derecho (1973)
  • El abogado y el razonamiento jurídico (1975)
  • La posesión (1980)
  • El cambio político español y la Constitución (1981).

[editar] Galardóns


Predecesor:
Torcuato Fernández Miranda
Presidente das Cortes Españolas
1977 - 1978
Sucesor:
Órgano disolto
Predecesor:
Torcuato Fernández Miranda
Presidente do Consello do Reino
1977 - 1978
Sucesor:
Órgano disolto
Predecesor:
Antonio Jiménez Blanco
Presidente do Consello de Estado
1982 - 1985
Sucesor:
Tomás de la Quadra-Salcedo
Predecesor:
Federico Carlos Sainz de Robles
Presidente do Tribunal Supremo
1985 - 1990
Sucesor:
Pascual Sala
Predecesor:
Federico Carlos Sainz de Robles
Presidente del Consello Xeral do Poder Xudicial
1985 - 1990
Sucesor:
Pascual Sala
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas