Antonio García Bellido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio García y Bellido»)
Infotaula de personaAntonio García Bellido
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Villanueva de los Infantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoColonización grega Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarqueólogo clásico , profesor universitario , historiador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJosé Ramón Mélida (pt) Traducir, Manuel Gómez Moreno (pt) Traducir, Hugo Obermaier, Elías Tormo Monzó e Gerhart Rodenwaldt Editar o valor em Wikidata
AlumnosJosé María Blázquez Martínez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
1933Q5824539 Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAntonio Blanco Freijeiro Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen García de Diego López Editar o valor em Wikidata
FillosAntonio García-Bellido (pt) Traducir, María Paz García-Bellido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1814249

Antonio García Bellido, nado en Villanueva de los Infantes (Cidade Real) o 10 de febreiro de 1903 e finado en Madrid o 26 de setembro de 1972, foi un arqueólogo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde tivo como mestres, entre outros, a José Ramón Mélida, Manuel Gómez Moreno, Hugo Obermaier e Elías Tormo, quen dirixiu a súa tese doutoral sobre os Churriguera e que foi mentor seu para o ingreso na Real Academia da Historia. Esta formación inicial en Historia da Arte tivo a súa importancia metodolóxica para posteriores traballos sobre o urbanismo e a arquitectura do mundo antigo, a cerámica grega ou a escultura romana.

En 1931 obtivo a cátedra de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Madrid, e tras a guerra civil iniciou dous novos campos de investigación: a colonización grega, fenicia e púnica en Occidente, e a arqueoloxía dos pobos prerromanos do Norte peninsular, neste caso participando nas escavacións que Juan Uría Riu, da Universidade de Oviedo, promovera no castro de Coaña.

En 1949 sae a súa obra Esculturas romanas de España y Portugal, publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, institución na que fundaría, dous anos despois, o Instituto de Arqueoloxía Rodrigo Caro, onde sairía, á súa vez, a revista Archivo Español de Arqueología, converténdose, desde entón, ambas as dúas, institución e publicación, no duplo núcleo de toda a actividade de García Bellido, centrada xa fundamentalmente en todos os aspectos do mundo hispanorromano.

Paralelamente producirase o seu recoñecemento internacional polo seu labor como arqueólogo e historiador: doutor honoris causa pola Universidade de Bordeos, ingreso na Academie de Inscriptions et Belles Letres, membro da Hispanic Society of New York e da Comisión histórica da UNESCO, entre outras moitas distincións.

Actualmente considérase a García Bellido coma un dos grandes impulsores dos estudos de Arqueoloxía Clásica en España e coma creador de frutíferas liñas de investigación na Arqueoloxía hispanorromana.