Antonio Díaz Fuentes
Antonio Díaz Fuentes, nado en Sarria o 6 de xuño de 1935 e finado o 27 de maio de 2011, foi un avogado e político galego. Era irmán do escultor José Díaz Fuentes.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo. Foi deputado no Congreso por UCD pola provincia de Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), e na I e II lexislaturas (1979-1986). Foi e membro da Comisión mixta que informou o Estatuto de Autonomía de Galicia. En 1984 foi elixido presidente de Coalición Galega no congreso constituínte[1], posto do que dimitiu o 10 de xullo de 1986 polo fracaso electoral do partido nas eleccións do 22 de xuño[2].
É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e varios libros sobre Dereito e toponimia.
Obras [editar]
Ensaio [editar]
- O dereito civil en Galicia, 1997.
- Toponimia de la Comarca de Sarria , 1998.
- Montes vecinales en mano común, 1999.
- División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial, 2001.
- La prueba en la nueva Ley de enjuiciamiento civil : tratamiento y práctica, 2002.
- Servidumbres, serventías y relaciones de vecindad, 2004.
- El deslinde : civil y administrativo, 2009.
Narrativa [editar]
- Cuentos de pueblo, cuentos de Sarria, 2002.
- Un gallego en la corte del rey sabio, 2010.
Notas [editar]
- ↑ Manuel Anxo Fernández Baz A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laivento, 2003, páx. 166
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/espana/ESPANA/GALICIA/COALICION_GALEGA/Dimite/presidente/Coalicion/Galega/elpepiesp/19860711elpepinac_10/Tes