Antonio Blanco Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Blanco Solla, nado en Marín o 30 de decembro de 1897 e falecido na mesma vila o 31 de decembro de 1936, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PSOE. Coa República foi elixido concelleiro en Marín e segundo tenente alcalde. Logo da dimisión do alcalde Agustín Rey Fonseca e do primeiro tenente alcalde Joaquín Muíños Touza, foi designado alcalde en maio de 1931[1], permanecendo no cargo até outubro de 1934. Presentouse como candidato do PSOE ás eleccións de 1933 pola circunscrición de Pontevedra, mais non obtivo escano. Non se presentou nas listas da Fronte Popular ás eleccións de 1936. En 1936 foi reposto no cargo de alcalde de Marín. En abril foi elixido compromisario por Pontevedra para a elección do Presidente da República.

Ao producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido dous días despois do pronunciamento, o 20 de xullo de 1936. Preso xunto con cinco veciños máis de Marín, xulgáronos o 18 de decembro nun consello de guerra celebrado en Pontevedra e executáronos por un delito de rebelión o 31 de decembro[2].


Predecesor:
Agustín Rey Fonseca
Escudo de Marín.svg
Alcalde de Marín

1931 - 1934
Sucesor:
Nicolás Vinteño Romero
Predecesor:
Ezequiel Massoni González
Escudo de Marín.svg
Alcalde de Marín

1936
Sucesor:
José Alcántara Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]