Antonio Azarola
Antonio Azarola Gresillón, nado en Tafalla en 1874 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 1936, foi un militar navarro, executado polos sublevados ós poucos de comezar a Guerra Civil.
Índice |
Traxectoria [editar]
Dende novembro de 1934, era segundo xefe da Base Naval de Ferrol e xefe do seu Arsenal. Foi subsecretario do Ministerio de Mariña e posteriormente ministro do mesmo departamento no gabinete presidido por Manuel Portela Valladares dende o 30 de decembro de 1935 ao 19 de febreiro de 1936, o último antes das eleccións de febreiro de 1936. Baixo o seu ministerio produciuse o último Plan Naval antes do estalido da Guerra Civil (11 de xaneiro de 1936), no que se prevía a construción de dous destrutores, dous cañoneiros e outros barcos menores.
Aínda que ao producirse a sublevación na Base do Ferrol, o 20 de xullo, o contralmirante Azarola adoptou unha actitude vacilante, finalmente inclinouse por non tomar parte na sublevación, polo que ao triunfar esta en Ferrol, foi detido, sometido a xuízo sumarísimo e condenado a morte por:
O contraalmirante Azarola declarou no xuízo que, aínda que simpatizaba cos propósitos da sublevación, non podía quebrantar os seus principios militares:
Foi fusilado ás seis da mañá do 4 de agosto, no cuartel de Dolores. Os seus restos atópanse enterrados no cemiterio de Vilagarcía de Arousa.
A súa sobriña Amelia Azarola Echevarría estaba casada co aviador falanxista Julio Ruiz de Alda, que sería asasinado no Cárcere Modelo de Madrid o 23 de agosto de 1936.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Laruelo Roa, M.: Muertes Paralelas. El destino trágico de los prohombres de la República.
Ligazóns externas [editar]
- Galería de militares republicanos na Guerra Civil Española, na web da Sociedad Benéfica de Historiadores Aficionados y Creadores (en castelán).
- Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca, de Xosé Manuel Suáréz.
- Dous fragmentos de La escuadra la mandan los cabos, de Manuel Domínguez Benavides, que narra os sucesos da sublevación militar en Ferrol.
- Ficha en Nomes e Voces