Antonio Alcalá Galiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Alcalá Galiano.

Antonio Alcalá Galiano, nado en 1789 e falecido en 1865, foi un político, orador e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deputado a Cortes durante o período constitucional de 1820-1823, presidiu a sesión na que se declarou a incapacidade de Fernando VII. Emigrado e Inglaterra, regresou a España en 1834. En 1837 afiliouse ao partido moderado, e foi ministro de Marina nun goberno presidido por Istúriz e de Fomento noutro presidido por Narváez.

Deixou dúas obras autobiográficas de valor histórico e literario: Recuerdos de un anciano (1878) e Memorias (1886). O seu prólogo a El moro expósito, do duque de Rivas, está considerado como o primeiro manifesto do romanticismo español. Influído polo pensamento político inglés, tendeu cara unha política pragmatista e unha ideoloxía de tipo liberal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antonio Alcalá Galiano