Antonio Álvarez Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Álvarez Lamas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Álvarez Lamas, nado en Lobeira, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar no seminario, nos anos sesenta foi designado alcalde de Lobeira durante o franquismo. Labrego e gandeiro, participou no proxecto iniciado por Euloxio Gómez Franqueira[1], que logo daría orixe no económico a Coren e no político a Coalición Galega. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a lista da UCD e conseguiu a vitoria por unha corentena de votos, cos que puido ser investido alcalde. En decembro de 1982 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Lobeira
 
? - 1982
Sucesor:
Manuel González Álvarez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Álvarez Lamas", La Revista Coren, n.67, abril 2010., páx 48.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]