Antonio Carballeira Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Carballeira Muñiz
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Meirás, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Veigue, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Carballeira Muñiz, nado en Meirás (Sada) en 1910 e finado en Veigue o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego e albanel da parroquia sadense de Meirás, desenvolveu as súas actuacións no ámbito do sindicalismo agrario e do comunismo. Directivo e fundador da Asociación Agraria de Meirás (1931-1932), do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936) e do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada (1935-1936). Foi, asemade, directivo do Radio Comunista de Sada e, como tal, integrante da Comisión encargada de realizar a campaña a prol do Estatuto de autonomía.

Cando se prosuciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nos montes de Meirás, na compaña de Juan Antonio Suárez Picallo, Manuel Prego Chas, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero. A comezos de agosto trasladáronse os tres primeiros á Coruña, onde foron delatados e capturados polos falanxistas. Logo de sufriren torturas, foron asasinados. Os seus cadáveres apareceron o 12 de agosto do 1936 no monte das Abeleiras, na parroquia de Veigue.[1]

En decembro do 2007 inaugurouse en Sada unha pedra cunha placa en homenaxe aos represaliados polo franquismo, onde figura o nome de Antonio Carballeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alí foi atopado o seu cadáver. Onde morreu non se sabe de certo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Santander, C.: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia. 1936-1939, Ediciós do Castro, 2007.
  • Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 157. 
  • Velasco Souto, C.: 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, A Nosa Terra, 2006.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]