Antoni Martí
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoni Martí Petit na visita oficial a Mariano Rajoy, presidente do Goberno español, o 12 de setembro de 2012.
Antoni Martí Petit, nado en 1963 en Escaldes-Engordany, é un político andorrán, elixido presidente do Goberno de Andorra en marzo de 2011.
Traxectoria [editar]
Licenciouse como arquitecto na Universidade de Toulouse. Martí pertence ao Partido Liberal de Andorra e como tal resultou elixido deputado nas eleccións de 1994, 1997 e 2001, pero dimitiu en 2003 para presentarse ás eleccións municipais en Escaldes-Engordany. Reelixido como alcalde en 2007, encabezou a candidatura Demòcrates per Andorra nas eleccións de marzo de 2011, formada por distintos grupos liberais e conservadores. Conseguiu nelas a vitoria, ao acadar o 55% dos votos e 22 dos 36 escanos en disputa[1].
| Predecesor: Jaume Bartumeu |
Xefe de Goberno de Andorra 2011 - |
Sucesor: no cargo |