Antoni Asunción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antoni Asunción Hernández (nacido o 12 de xullo de 1951 en Manises) é un político español.

Enxeñeiro industrial e militante do PSOE, foi alcalde de Manises (1979-1987), director de Institucións Penintenciarias (1988-1993), deputado no Congreso dos Deputados (1993-1994) e ministro do interior (1993-1994). Viuse obrigado a dimitir como ministro pola fuga de Luis Roldán, ex-director da Garda Civil.

Como director de Institucións Penintenciarias acometeu a dispersión dos presos de ETA e tivo que facer fronte a unha folga de fame dos presos do GRAPO.

Na actualidade (2006) está alonxado da política activa dedicándose á empresa privada.