Antoine César Becquerel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine César Becquerel
Nome completoAntoine César Becquerel
Nacemento7 de marzo de 1788
Lugar de nacementoChâtillon-Coligny
Falecemento18 de xaneiro de 1878
Lugar de falecemento5.º arrondissement de Paris
SoterradoChâtillon-Coligny
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Politécnica
Ocupaciónfísico, profesor universitario, enxeñeiro, político e químico
FillosAlexandre Edmond Becquerel e Louis Alfred Becquerel
PremiosMedalla Copley, comendador da Lexión de Honor, Foreign Member of the Royal Society e os 72 nomes na Torre Eiffel
Na rede
WikiTree: Becquerel-3
editar datos en Wikidata ]
Antoine César Becquerel

Antoine César Becquerel, nado en Chatillon sur Loing en 1788 e finado en 1878, foi un físico francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na École polytechnique e converteuse en oficial de enxeñeiros en 1808. Entre 1810 e 1812 serviu coas tropas imperiais en España co xeneral Louis Gabriel Suchet. En 1814 deixou o exército para centrarse na investigación científica.

En 1819 descubriu a piezoelectricidade. En 1825 inventou un galvanómetro diferencial para a medición exacta da resistencia eléctrica. En 1829 descubriu, coa axuda do seu fillo A.E. Becquerel, o efecto fotoeléctrico nun eléctrodo inmerso nun líquido condutivo.

En bioquímica traballou nos problemas da calor animal e nos fenómenos que acompañan ao crecemento das plantas, e tamén dedicou moito tempo a problemas e observacións meteorolóxicos.

Foi profesor de física no Museo de Historia Natural de París dende 1837.

O seu neto Henri Becquerel descubriu a radioactividade.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Foi un escritor prolífico, autor de máis de cincocentos artigos e libros. Entre eles cóntanse os seguintes:

  • Traité de l'électricité et du magnétisme (1834-1840).
  • Traité de physique dans ses rapports avec la chimie (1842).
  • Elements de électro-chimie (1843).
  • Traité complet du magnétisme (1845).
  • Elements de physique terrestre et de météorologie (1847).
  • Des climats et de l'influence qu'exercent les sols boisés et non boisés (1853).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]