Antiparos - Αντίπαρος
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Antiparos - Αντίπαρος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Kastro |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 1.037 hab. |
| Superficie | 45´182 km² |
| Densidade | 23 hab/km² |
| Coordenadas | 37°00′N 25°03′E / 37°N 25.05°E |
| Maior Altura | 293 m. |
| Localización | |
Antiparos (Αντίπαρος, en grego) é unha illa das Cícladas, no Mar Exeo, separada da illa de Paros por unha canle. Célebre pola súa gruta, coas súas grandes as súas estalagmitas e estalactitas.
A súa cidade principal é Antiparos ou Kastro na punta nororiental da illa. Esta separada da illa Despotiko, ao suroeste, por unha canle.
A súa altura máxima atópase a 293 metros sobre o nivel do mar (fronte a 193 metros de altura máxima en Despotiko). Despotiko ten ao suroeste a illa de Strongoli ou Strogilo. Ao norte de Antiparos atopamos as de Kavouras e Dipla.
O seu nome clásico foi Oliaros (en latín, Oliarus), e a esta illa, segundo Heracleides, establecer unha colonia fenicia de Sidón. A súa historia vai unida sempre á de Paros.