Antiinflamatorios non esteroideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Os antiinflamatorios non esteroideos (abreviado AINE) son un grupo variado e químicamente heteroxéneo de fármacos principalmente antiinflamatorios, analxésicos e antipiréticos, os cales reducen os síntomas da inflamación, a dor e a febre. Todos eles exercen os seu efecto mediante a inhibición da enzima ciclooxixenasa.