Antiga e Barbuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antigua and Barbuda
Antiga e Barbuda
Bandeira de Antiga e Barbuda Escudo de Antiga e Barbuda
Bandeira Escudo
Lema: Each endeavouring, all achieving (galego: «Cada un esforzándose, todos logrando»)
Himno nacional: Fair Antigua, We Salute Thee
 
LocationAntiguaAndBarbuda.png
 
Capital
 • Poboación
Saint John's
24.226 (2000)
Cidade máis poboada Saint John's
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno Monarquía constitucional
Raíña Isabel II
Louisse Lake-Tack
Baldwin Spencer
Independencia
 • Data
Do Reino Unido
1 de novembro de 1981
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 200º
443 km²
Desprezable
0 km
153 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 185º
68.722 (2005 est.)
152 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 178º
US$ 835 mill.
11.604 dólar EUA
IDH n/d
Moeda Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
Xentilicio Antiguano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC-4
UTC-4
Dominio de Internet .ag
Prefixo telefónico +1-268
Prefixo radiofónico V2A-V2Z
Código ISO 028 / ATG / AG
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM, OECS
Tódolos países do mundo

Antiga e Barbuda é unha nación formada polas illas de Antiga, Barbuda e Redonda situadas ó leste do Mar Caribe. Forma parte das Pequenas Antillas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes das illas de Antiga e Barbuda cara ao 2400 a. C. foron amerindios pre-cerámicos. Máis tarde, as tribos amerindias arawak e caribes poboaron as illas. A illa de Antiga foi chamada orixinalmente polos nativos Wadadli. Cristóbal Colón desembarcou na súa segunda viaxe en 1493 e deulle á illa o nome de Antiga. Barbuda recibiu máis tarde o seu estraño nome polas "barbas" de líquenes que adornaban as súas palmeiras.

Aos primeiros colonos españois e franceses sucederon os ingleses, quen formaron unha colonia en 1667 ao transportar católicos irlandeses a Antiga. A escravitude, establecida para dirixir as plantacións de azucre en Antiga, foi abolida oficialmente en 1838 en todas as colonias británicas, pero en Antigua e Barbuda persistiu ata o advenimiento dos sindicatos en 1939. Vere Bird foi o fundador do Partido Laborista de Antiga (PLA), primeiro partido político creado no país, e tamén o primeiro líder sindical da nacente nación. Logo de décadas de loita, conseguiu gañar as eleccións de 1960 e converterse en Primeiro Ministro.

En 1960 promulgouse unha constitución segundo a cal Antigua e Barbuda comezaba a autogobernarse a través dun Parlamento electo democraticamente, pero o poder oculto de Inglaterra quedaba evidenciado no feito de que Londres exercía os ministerios de Relacións Exteriores e Defensa antiganos.

As illas convertéronse nun estado asociado á coroa británica en 1967, cando Vere foi reelixido, e comezou un longo período en que a familia deste político entrou e saíu do goberno. A primeira derrota electoral de Vere foi en 1971 ante George Walter, pero regresou ao poder tras volver gañar en 1976.

O país obtivo o status de membro independente da Mancomunidade de Nacións o 1º de novembro de 1981, cando Vere Bird converteuse no Primeiro Ministro por enésima vez. País finalmente soberano, unitario e democrático, Antigua e Barbuda foi admitido no CARICOM e a ONU. A pesar da oposición, que non recoñecía o carácter de loitador social de Bird e acusábao por diversos supostos episodios de corrupción, o dirixente conseguiu manterse no poder ata ser reelixido en 1984.

Un ano antes, Antigua e Barbuda adoptou unha alianza con Estados Unidos, mediante a cal permítelle usar o seu territorio con fins militares a cambio do pago dun canon anual de arriendo. Durante a invasión da illa de Granada de 1983, tropas antiganas acompañaron ás estadounidenses.

Na actualidade, o primeiro ministro é Baldwin Spencer, que acaba de derrotar ao candidato laborista Lester Bird.

Aínda que as fermosas praias do país convertérono nun dos máis prósperos da rexión, a súa industria azucreira (que debese ser a primordial) foi intermitente durante toda a súa historia, e nos últimos tempos acusouse a Antigua e Barbuda de ser un dos maiores paraísos mundiais para narcotraficantes e branqueadores de diñeiro.

Política[editar | editar a fonte]

Antiga e Barbuda forma parte da Commonwealth Británica, polo que a cabeza do estado é a raíña Isabel II, que está representada nas illas por un gobernador xeral.

O poder executivo está nas mans do primeiro ministro, que é tamén o xefe de goberno. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido vencedor das eleccións para a Cámara de Representantes (17 membros elixidos), celebradas cada cinco anos. A outra cámara do parlamento, o Senado, ten 17 membros que son nomeados polo gobernador xeral. O seu actual primeiro ministro é Baldwin Spencer (24 de marzo de 2004). As próximas eleccións serán lexislativas e celebraranse en marzo de 2009.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

A illa de Antiga divídese en seis parishes ou parroquias:-

The Parishes of Antiga

Tanto a illa de Barbuda como a illa deshabitada de Redonda gozan cada unha de status de dependencia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Antigua e Barbuda

O país consta de varias illas, da cal Antiga ten unha extensión de 280 km², é a maior e máis poboada; Barbuda que posúe 160,5 km², ao norte de Antiga e Redonda ao suroeste do país con 1,5km². As illas teñen un clima tropical cálido, con suaves temperaturas constantes durante o ano. Tanto Antiga como Barbuda pertencen ao grupo das Illas de Sotavento.

As illas son na súa maioría de terras baixas, co punto máis alto en Boggy Peak, a 470 metros, situado en Antiga. O principal pobo do pequeno país é a capital Saint John's en Antiga; o maior pobo de Barbuda é Codrington.

Antiga é calcaria e arenosa, con fermosas praias que atraen ao turismo internacional. Barbuda, chamada Dulcina polos antigos conquistadores españois, áchase situada a 40 km ao norte da anterior. Constituír nunha gran reserva de caza habitada por cervos, xabaril e gran variedade de volátiles como pombas e patos. A illa Redonda é rochosa e deshabitada pero ten xacementos de fosfato.

Os ríos son moi escasos en Antiga e directamente non existen en Barbuda e Redonda.

O clima é tropical, con escasa amplitude térmica. Entre os meses de febreiro e maio é fresco e seco. A illa Redonda, anexada na década de 1860 cando se descubriu fosfato, ficou deshabitada despois de 1930.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Antiga e Barbuda.
As praias de Antiga e Barbuda son un excelente reclamo turístico para o país.

A economía depende maiormente do turismo. É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e manufacturas téxtiles, de ebanistería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupa, cemento, artesanías locais e mobiliario.

Entre os seus produtos agropecuarios, ademais dos nomeados, cóntanse as papaias, goiabas, laranxas, ananases, limóns e cenorias. O seu gando consiste en bóvidos e lanares.

A moeda oficial é o dólar caribe leste, cunha paridade de 2,69:1 co dólar EUA (2005). O produto bruto interno era de 11.000 dólares per cápita en 2003 e a taxa de inflación anual é moi baixa (0,4% en 2000). O país ten unha débeda externa de 231 millóns de dólares (2002) e unha moderada taxa de desemprego do 11% (2001).

Antiga e Barbuda exporta derivados do petróleo, maquinaria, equipos de transporte e alimentos á Organización de Estados do Caribe Oriental (16%), Barbados (15%), Güiana (4%), Trinidad e Tobago (2%) e os Estados Unidos (0,3%) (2000).

Importa principalmente dos Estados Unidos (27%), Reino Unido (16%), Canadá (4%), a OECO (3%) e outros países (50%) produtos agrícolas e derivados do petróleo.

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación son descendentes dos escravos que traballaban nas plantacións de azucre, pero tamén hai grupos de europeos, principalmente ingleses e portugueses.

Case todos son cristiáns, sendo a Igrexa Anglicana (arredor do 50%) a predominante.

Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)