Pica alpina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Anthus spinoletta")
Pica alpina
Anthus spinoletta.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Paseriformes
Familia: Motacillidae
Xénero: Anthus
Nome científico
Anthus spinoletta
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A pica alpina (Anthus spinoletta) é un paxaro pequeno, entre 15 e 17 cm, que cría nas montañas do sur de Europa e das zonas temperadas do sur de Asia ata China. En Galicia é escasa e só pode verse en zonas de montaña lindantes con Asturias e Castela.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha especie de plumaxe pouco rechamante, axeitada para confundirse co chan. A plumaxe de gala é castaña escura por riba e o raiado típico das picas falta ou é difuso. Ten unha marca superciliar ou "cella" ben definida. O peito e a miúdo rosa, tamén sen raias, que poden, porén, aparecer nos flancos. A característica fundamental para diferenciala doutras especies do xénero Anthus e a cor das patas e dos dedos que son grises escuros ou ás veces castaños escuros, mentres que noutras especies son moito máis claros: amarelos ou da cor da carne.

Fóra da época reprodutora resulta difícil de diferenciar da pica patinegra costeira (Anthus petrosus), en especial da subespecie Anthus petrosus littoralis. Nesa época o peito e a barriga teñen listas gris acastañadas e a parte superior ten manchas escuras sobre fondo gris amarronado. A permanencia da "cella" e dun anel branco nas pálpebras, permiten a identificación.

As plumas exteriores do rabo, que son brancas coma a neve, permiten identificala cando voa. Tamén o comportamento cando voa é distintivo: a pica alpina cando é molestada voa rapidamente cara arriba ata moita altura e non se volven a pousar ata que voa unha boa distancia. O Anthus petrosus voa menos, preto do chan e póusase de seguida. Ademais, no inverno, esta última especie prefire vivir na beira do mar, mentres que a pica alpina prefire as augas doces.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Viven nas montañas por riba dos 1.000 metros da altura, á beira de ríos e lagos. Son parcialmete migratorias.

Alimentación e reprodución[editar | editar a fonte]

Comen insectos que capturan no chan, vermes e caracois. Reprodúcense entre abril e xuño, podendo facer unha ou dúas niñadas.